Homesociedade"A sanidade monfortina é un barco á deriva", CIG Saúde Monforte

“A sanidade monfortina é un barco á deriva”, CIG Saúde Monforte

Lamentan que a situación non sexa nova e que veña sucedendo desde antes do verán, "Entendemos que non hai facultativos pero a nosa Xerencia non fai moito para solucionalo. A súa resposta é que non hai médicos pero o que non din é que lles ofertan contratos lixo como foi no verán que lles deron seis meses. ¿Que provocou? Que dun tempo para aquí marcharon tres facultativas para outras áreas sanitarias que lles deron mellores contratos."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

CIG-Saúde Monforte denuncia a situación na que se atopa o Centro de Saúde de Monforte de Lemos. Denuncian que o 29 de decembro non había ningún pediatra no centro, que atende aos nenos de Monforte, Pantón e Sober, e na axenda de mañá non haberá ata o 04/01 inclusive. “Vai haber unha prolongación de xornada de tarde de pediatría o día 03/01 e faranse só as revisións de nenos pequenos. Os días 02, 03 e 04 de xaneiro as citas están anuladas pero non se poden reasignar. Se os pais queren coller cita para un cativo hai unha lista de espera para os tres pediatras dunha media de 15 días”, sinalan.

Xerencia deu orden de todo neno que teña entre 0 e 9 anos, e ata 6 pequenos por día, terían que ir ao Centro de Saúde de Chantada e os outros derivalos ao Hospital. Estes días estaba só unha pediatra dos tres que hai no Centro. “A situación que vimos o día 28 foi desastrosa, a profesional desbordada e a sala ateigada de nenos a media mañá, ás 14:45 aínda quedaban cativos pendentes de atender. A impresión que nos deu foi a dun barco á deriva e que a nosa Área Sanitaria Lugo, A Mariña e Monforte non fai nada para darlle remedio a esta situación.”

En canto aos médicos de familia, dos 12 médicos que hai no centro de manás o día 28/12 só había cinco pasando consulta. “O motivo de tantas ausencias é que hai varios facultativos de baixa e outros faltaban polos permisos que solicitaron. Se un paciente quere solicitar cita para o médico hai unha media mínima de 15 días”, afirma o sindicato.

CIG-Saúde Monforte asegura estar cansa do que acontece neste Distrito e que o Xerente D. Ramón Ares non faga nada para solventalo, “¿Non presumen que somos Área Sanitaria? Pois que distribúan os recursos onde os necesitan, que oferten contratos de longa duración para que non marchen os profesionais a outras áreas sanitarias.”

ÚLTIMAS

Agroma Sober denuncia o estado da vía de Sober a Canaval “a unha semana da Feira do Viño”

A vía provincial Sober- Canaval (LU-P-5901) presenta dende hai anos problemas estruturais de deterioro...

Unanimidade na demanda de rehabilitación urxente da N-540 entre Lugo e Ourense

Mentres as persoas usuarias da N-540 se mobilizan reclamando solucións, o BNG segue coa...

Club Quixós: campións da 2ª Copa de España de Augas Bravas

O Club Quixós de piragüismo vén de participar en varias competicións esta pasada fin...

Daveiga, dende o 2005 apostando polo desenvolvemento da contorna máis próxima

Lugar da Veiga S.L.L. nace no 2005 aínda que o proxecto levaba varios anos madurando...