HomesociedadeMulleres e diversidade funcional, Femforte este 23 de febreiro charla e manifestación

Mulleres e diversidade funcional, Femforte este 23 de febreiro charla e manifestación

Este xoves, 23 de febreiro ás 19:00hs.da tarde, a Casa da Cultura de Monforte acolle unha charla coloquio sobre as violencias e desigualdades ás que se enfrontan as mulleres con diversidade funcional da nosa contorna no seu día a día.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Participarán da charla na casa da cultura, Mariluz Vázquez Regueiro, Coordinadora e Traballadora Social da Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (discapacidade física), María José Losada Martínez, Psicóloga da Delegación Territorial de Galicia da ONCE (discapacidade visual), Montserrat Pérez Abad, Psicopedagoga de Prodeme (discapacidade intelectual) e Olalla García Mariño, Traballadora Social da Asociación Albores Saúde Mental (discapacidade mental).

As participantes abrirán a sesión ás 19.00h cunha exposición de arredor de 15 minutos por entidade e a continuación será o turno do públiico, que poderá achegar as súas aportacións e cuestións.

Ao remate do coloquio convocan unha concentración en repulsa ás presuntas agresións sexuais mantidas no tempo, contra a menor monfortina, que está sendo obxecto de atención nos medios de comunicación estes días. Será ás 8:30hs. na Praza de España.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...