HomesociedadeO entroido fixo rozar o 60% de ocupación na Ribeira Sacra

O entroido fixo rozar o 60% de ocupación na Ribeira Sacra

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra fixo balance das cifras de ocupación turística entre os días 17 e 21 de febreiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo datos que fixo chegar o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, da man da súa xerente, Alexandra Seara, a ocupación turística nas principais datas do entroido achegouse ao 60%, e por tipoloxía de aloxamento quedou do seguinte xeito:

  • Hoteis 4 e 3 estrelas: 74 %
  • Turismo Rural: 61%
  • Vivendas Turísticas e de Uso Turístico: 44 %
  • Outros aloxamentos: 54%

DETALLES DO BALANCE DE OCUPACIÓN

Cos datos recollidos ata o momento, di Alexandra Seara, “todo parece indicar que os hoteis de 4 e 3 estrelas recibiron reservas de última hora e foi a tipoloxía preferida polos visitantes nestes 4 días de ponte. O resto de establecementos mantiveron máis ou menos o nivel de reservas que tiñan o venres pasado”.

Seguindo con esta valoración positiva, a xerente engadiu que “as casas de turismo rural que están abertas por esta época recuperan nestes días porcentaxes de ocupación que nos trasladan a meses de tempada alta, coma setembro, e superan cifras doutras pontes recentes como a de decembro”.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O Bóveda Slam Poetry no XV campionato de Poetry Slam España

A cidade de Cartaxena acolleu, os días 17, 18 e 19 de setembro, o...

O paro aumentou en setembro 131 persoas na zona centro sur da provincia

Desde o Sindicato ven con preocupación o aumento con respecto ao mes de agosto,...

O IES Río Cabe de Monforte proclámase, no Palacio da Bolsa de Madrid, campión de España de Educación Financeira

O IES Río Cabe de Monforte de Lemos proclamouse este luns campión de España...

O Concello de Monforte concede preto de 78.000 euros a entidades deportivas, culturais, sociais, lúdicas e formativas

O Concello de Monforte vén de informar da concesión de axudas dirixidas a diversas...