HomesociedadeIV Foro Empresarial co alumnado de informática do IES A Pinguela

IV Foro Empresarial co alumnado de informática do IES A Pinguela

O departamento de informática do IES A Pinguela vén de celebrar o IV foro empresarial no que empresas tecnolóxicas de nivel nacional e internacional fan unha presentación do traballo que desenvolven e os perfís profesionais que precisan, sendo o de programador dos máis demandados na actualidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Acompañaron ós representantes das empresas antigos alumnos e alumnas do centro que fixeron as prácticas en réxime dual, acadando logo un posto de traballo na mesma empresa. Contaron a súa experiencia no período de prácticas e a súa experiencia como empregados. Destacando a importancia da formación en calquera etapa da vida laboral debido aos avances nas tecnoloxías en xeral e no desenvolvemento de aplicacións web en particular.

Ó evento estaba previsto que asistisen representantes de Plexus, ViewNext, Coremain, Ct-galega, Bahía Software e IGM (grupo Hotusa) pero xurdiron imprevistos de última hora e as dúas primeiras non puideron asistir.

Este Foro Empresarial é dos mellor valorados polo alumnado de ciclos de informática, ós que vai dirixido, porque coñecen as demandas e o xeito de traballar das empresas nas que nun futuro moi próximo poderán facer as prácticas e quizais tamén comezar a súa vida laboral como informáticos.

Durante a cita abríronse debates moi interesantes sobre este mundo cambiante, como o impacto da
intelixencia artificial e o big data, poñendo de manifesto o futuro prometedor que lles espera se teñen ilusión e gañas por aprender e traballar.

ÚLTIMAS

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...