HomesociedadeA subdelegada desprázase ao túnel de Montefurado para comprobar as melloras realizadas...

A subdelegada desprázase ao túnel de Montefurado para comprobar as melloras realizadas polo Mitma

O Goberno adica 20,8 millóns de euros do Plan de Recuperación para unha renovación e modernización integral de varios túneles na A-6 e na N-120, ao seu paso pola provincia de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A subdelegada, acompañada da xefa da Unidade de Estadas na provincia, Beatriz González del Riego, informou informou en Quiroga, que para adaptar os túneles á normativa europea o Mitma actuará nos túneles de Neira, San Pedro, Doncos e Cereixal, cun investimento de 10,6 millóns de euros; e ten previsto comezar proximamente as melloras nos de Pedrafita, Trabadelo, La Escrita e Villafranca da mesma autovía, ademais das obras xa rematadas no túnel de Montefurado, na N-120, cun orzamento de 10,2 millóns de euros.

Informou a subdelegada de que o Goberno destina un total de 17,7 millóns de euros este ano para o mantemento e mellora da seguridade viaria estatal en Lugo. Con estes fondos realizaranse actuacións de mellora de firmes, interseccións, sinalización, balizamento, drenaxe e estruturas, así como os servizos de conservación e explotación ordinaria de estradas.

Durante a visita, Isabel Rodríguez puido comprobar o resultado dos investimentos do Mitma no túnel de Montefurado, na N-120, situado no concello de Quiroga. As melloras consistiron na renovación do sistema de iluminación e semafórico normal, de seguridade e de emerxencia; a dotación dun novo Sistema de Alimentación Ininterrompida (SAI); instalación de extintores de po polivalente e novo cableado resistente ao lume; sinalización horizontal e vertical nas saídas e nos equipamentos da vía, así como a restauración dos canelóns encargados de recoller as filtracións de auga da estrutura, entre outras actuacións.

Estes traballos na A-6 e N-120 enmárcanse nos 357 millóns de euros do Plan de Recuperación que inviste o Goberno para adaptar os túneles á normativa europea e para potenciar a protección da fauna e os usuarios vulnerables.

ÚLTIMAS

O recanteiro de Lugo Sur, Julio Ferrín, canta hoxe no Luar

O quirogués Julio Ferrín estréase na sección 'Recantos' do programa Luar da TVG. No...

O GDR Ribeira Sacra-Courel aproba 34 proxectos que mobilizarán máis de 2,5M€ de investimento no territorio

As axudas LEADER buscan impulsar novas iniciativas empresariais, mellorar a competitividade das actividades existentes...

A 48 edición do Rally San Froilán, os días 16 e 17 de outubro, estrea treito en Sarria

As novidades do percorrido son o treito de Baralla, con saída e meta na...

Aberto o prazo de matriculación para a Escola Municipal de Danza de Monforte

O Concello de Monforte informa á veciñanza que a Escola de Danza Municipal comezará...