HomesociedadeCase 20 anos agardando pola retirada de 4 antenas de telefonía no...

Case 20 anos agardando pola retirada de 4 antenas de telefonía no barrio de Mondavide en Escairón

A veciñanza do barrio de Mondavide volve a solicitar á Valedora do Pobo a retirada destas antenas, demanda que veñen facendo dese o 2004. A asociación veciñal do Saviñao solicitárao tamén a petición dos veciños no ano 2011. Recentemente tanto os veciños, como a propia asociación veciñal como a recentemente constituida Federacion de Asociacións da Ribeira Sacra, esixen a retirada e traslado destas antenas de telefonia a outro lugar onde non se poña en risco a saúde dos veciños.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A mediados do pasado ano abríase expediente sobre o tema e o concello do Saviñao comprometíase a solicitar un informe técnico para outra posible localización. Segundo a asociación veciñal ao non haber novidades regresa coa demanda ao concello, “a resposta foi que non podían solicitar a retirada das devanditas antenas porque habería que pagar unha indemnización á compañía por incumprimento de contrato, e que o concello sí recibía 25.000 pesetas por adxudicar ese espazo para a colocación desas antenas.”

A asociación asegura que “non é comprensible esta resposta cando durante anos fartáronse de anunciar na prensa que retirarían ditas antenas.” O concello sinala que non hai evidencias de danos e/ou prexuízo ás persoas, pero a asociación lembra, “a realidade é que nun perímetro de 400 metros ao redor de ditas antenas, con aproximadamente 30 vivendas habitadas, houbo un total de 12 casos de cancro confirmados durante os anos que levan ditas antenas. Ese número supera a prevalencia estimada dos casos de cancro en España segundo a SEOM.”

A esta demanda súmase a Federación de Asociacións da Ribeira Sacra, que presentou un escrito ante o concello, que aínda non tivo respota. “O único que nos queda aos veciños afectados, e recordo, que dita antena esta á beira dun colexio é aproveitar que estamos en ano electoral e chamar á prensa para que alguén nos faga caso. É deprimente, que as institucións que deben velar polos intereses dos cidadáns non fagan nada ante estas situacións,” demanda a veciñanza á Valedora do Pobo.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...