IniciosociedadeToda a veciñanza de Carballedo terá cobertura de banda ancha

Toda a veciñanza de Carballedo terá cobertura de banda ancha

A subdelegada desprazouse este xoves ao Concello de Carballedo no que mantivo unha reunión co alcalde, Julio Yebra-Pimentel, e co responsable da empresa Adamo en Galicia, David Llano, para comprobar persoalmente como os plans promovidos polo Goberno para a instalación de banda ancha seguen avanzando na provincia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, ratificou en Carballedo o impulso do Goberno coa dixitalización dos concellos da provincia a través de diferentes programas estatais, “Estamos comprometidos en estender o despregamento das redes de banda ancha ultrarrápida no medio rural para que todos os cidadáns teñan os mesmos dereitos, reducindo a fenda dixital entre as zonas máis poboadas e as máis despoboadas e de difícil acceso”.

A través do Programa PEBA e UNICO, o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital achegará a conexión ultrarrápida a Internet en todo o territorio de Carballedo, permitindo que os  máis de 2.000 veciños e veciñas que viven e traballan no municipio poidan contar coa cobertura de banda ancha, básico para o día a día de calquera cidadán.

Co Plan PEBA, a empresa Adamo xa levou a fibra óptica a vivendas situadas en 35 concellos da provincia e nos próximos meses ten previsto realizar obras para despregar Internet ultrarrápido en máis municipios. Ademais, co Programa UNICO do Goberno, chegarán a 33.000 fogares novos para sumar máis de 100.000 inmobles conectados á rede de alta velocidade na provincia. Neste senso, a subdelegada defendeu o papel da colaboración público-privada para impulsar un cambio de paradigma que permita unha transición dixital plena en Lugo.

Proximamente o Goberno lanzará o Programa UNICO-Demanda Rural co que todas as empresas e fogares que non dispoñan de fibra óptica poderán contratar un servizo de banda ancha de Internet a través do satélite Hispasat por 35 euros ao mes, incluíndo os gastos de instalación. Trátase dun programa ponte ata que se culmine o plan do Executivo Central de levar a fibra óptica a todo o país en 2025

ÚLTIMAS

210.000€ para a mellora de tres estradas provinciais en Chantada e no Saviñao

No caso de Chantada, a Xunta de Goberno acordou licitar a mellor de dúas...

Fin de semana de Fam Trip na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

A Ruta do Viño da Ribeira Sacra celebra do 24 ao 26 de maio...

O alcalde de Bóveda na creacion da Comisión de Políticas de Auga, Medio Ambiente e Economía Circular

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, participou recentemente en Madrid na reunión da...

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...