IniciosociedadeLa Castellana, a primeira muller empresaria de Quiroga dá nome a unha...

La Castellana, a primeira muller empresaria de Quiroga dá nome a unha rúa

A rúa que vai por detrás do Auditorio Municipal ata a rúa praia xa ten nome, “La Castellana”. Así se decidiu na última sesión plenaria. O nome fai referencia á empresa de gaseosas que Gabriela González Álvarez (1921 – 2012) puxo en marcha en 1959, converténdose na primeira muller empresaria de Quiroga, polo que chegou a recibir un recoñecemento en Madrid.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A rúa inaugurábase nun sinxelo acto ao que acudía a súa familia e que respondía ao interese dun grupo de veciños por recoñecer dun xeito especial a esta muller emprendedora adiantada ao seu tempo. Unha das súas netas foi a encargada de descubrir a placa tras a presentación do acto enmarcado dentro do Día da Muller organizado polo concello. “Que mellor detalle para a celebración desta data que ter este detalle con Dona Gabriela” –recalcou o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez–.

Esta muller ademais formou parte moi activa da vida social de Quiroga, participando na constitución da Cruz Vermella Local, gran seguidora e membro durante moitos anos da directiva do equipo de fútbol Quiroga FC, socia nº 1 do Centro Social de Quiroga, integrante da Coral Polifónica e colaboradora da Igrexa Parroquial San Martiño levando a relación desta institución co concello. O concelleiro de xuventude, Luis Manuel Arias, destacou, que foi “unha muller visionaria, que loitou polo feminismo”

O concelleiro do BNG, Xosé Manuel Fernández Montes, que tamén asistía ao acto, recalcou que “esta muller emprendedora ten a honra que se merece, co nome da empresa que creou e co dela propio”.

Como remate do acto, un dos seus fillos, Manuel Vázquez, explicou de onde viña o nome de “La Castellana”, que levaba e segue levando a empresa que fundou a súa nai, e que non foi outro que o nome polo que se coñecía a muller que veu de Castilla co seu bisavó cando este ía á sega a ésta comunidade, como moitos galegos.

Rúa de ‘La Castellana’, placa descuberta no acto. Foto: Concello de Quiroga.

ÚLTIMAS

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...