HomesociedadePresentado o viño dedicado ao Meco

Presentado o viño dedicado ao Meco

Foi o pasado venres 10 de marzo na Ermida, parroquia de Quiroga, lugar onde se asinou o convenio de colaboración entre a Asociación Souto do Val e a adega Casa de Outeiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Centro Social da Ermida, en Quiroga, acolleu o pasado venres o acto formal e público onde se citaron a presidenta da Asociación Souto do Val, Begoña Losada, e o xerente de Casa de Outeiro, Juan Luis Vázquez. Tras explicar aos presentes como xurdiu, e en que consistirá este acordo, tamén interviron  Roberto Castro, en calidade de presidente do Xeoparque Montañas do Courel, Paloma Vázquez, xefa da Área Provincial de Turismo, e Pablo Rivera Capón, deputado provincial polo Psoe.

Momento no que falou Juan Luis Vázques da adega Casa de Outeiro. Foto: Cedida.
Mesa de autoridades no Centro Social da Ermida-San Vitorio / XdL

O acordo asinado permítelle a Casa de Outeiro o uso do nome do Meco e a adega comprométese a doar 0,05 euros por botella vendida á Asociación Souto do Val. A vixencia do mesmo é por 25 anos e os cartos obxecto de doazón serán empregados exclusivamente para gastos de investimento dedicados a preservar e promover a figura do Meco e As Pampórnigas así como a súa romaría na hora á Virxe dos Remedios –8 e 9 de setembro–.

A continuación fíxose un simulacro de romaxe coa danza do Meco e As Pampórnigas ata chegar ao atrio da Igrexa de Santa María da Ermida, lugar onde había un refrixerio e o viño que se presentaba: Meco Mencía, viño de romería. Os músicos do Recanto amenizaron o momento, no que todas e todos os presentes degustaron produtos da comarca regados polo Meco, o novo viño que acaba de nacer nas Terras de Quiroga e que lle gustou moito á xente.

As Pampórnigas xunto ao Meco. Foto: Cedida.
Intervención do Meco. Foto: Cedida

Nas etiquetas das botellas figura a imaxe do Meco e As Pampórnigas que retratou o artista gráfico Yoseba MP no mural feito por encargo da Asociación Quiroga en Marcha no centro de Quiroga, preto da igrexa e visible tamén dende a terraza do Bar A Botica.

ÚLTIMAS

O Concello de Chantada aproba un presuposto 9.733.660€

O Concello de Chantada aprobou no pleno deste xoves, 5 de febreiro, o orzamento...

Concentración o 13 de febreiro ás 12:00 no Hospital de Monforte para esixir garantir a seguridade do persoal

A familiar desta paciente, segundo relatan, insultou e fixo outras increpacións no pasillo e...

O PP preséntase como alternativa en Monforte tralo “estalo do caso Tomé”

Os populares analizaron durante a xuntanza, a situación que padece Monforte de Lemos, "co...

Ana Pontón destaca en Sarria o papel estratéxico das explotacións de vacún e celebra xantar coa militancia

A portavoz nacional, Ana Pontón, visitou este sábado unha explotación de vacún en Sarria,...