Homesociedade"Que vivan os viños de Chantada!", dixo o pregoeiro e os milleiros...

“Que vivan os viños de Chantada!”, dixo o pregoeiro e os milleiros de persoas que pasaron pola Feira do Viño

A Feira do Viño de Chantada volveu ser a primeira feira do viño que se celebra cada ano na D.O. Ribeira Sacra, despois deste tempo de pandemia. Nesta corenta edición participaron 15 adegas, os postos abríanse xa na xornada do venres e con todo, a cita convertiuse na edición máis multitudinaria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este ano o pregón da feira correu por conta de Antonio López, reitor da USC Universidade de Santiago, que falou do traballo do Campus Terra de Lugo onde se ensina e investiga en gandería, agricultura ou viticultura. O pregoeiro falou da importancia da Ribeira Sacra como territorio produtora de viño, falou do esforzo por preservar esta tradición e confiou en acadar o recoñecemento de Patrominio da Humanidade.

“Que vivan os viños de Chantada! Que viva a Ribeira Sacra!”, animaba este domingo Antonio López a participar da festa, que xa desde o venres viñan celebrando centos de persoas que encheron a vila. Para recoñecer as mellores elaboracións, este ano a cita cambiaba os premios por medallas e clasificou aos mellores en tres categorías: Vide de Ouro, Vide de Prata e Vide de Bronce.

Medallas Cata Oficial

Medallas Vide de Prata

  • As Glorias Amedo’22 de Adegas Amedo
  • Sabatelivs Mencía’22 de Adegas e Viñedo Lareu
  • Asolagados Mencía’ 22 / Asolagados Barrica ’20 de Pilares de Belesar

Medallas Vide de Prata

  • Cabo do Mundo Godello’22 / Cabo do Mundo Mencía’22 / Cabo do Mundo Mencía’21 / Cabo do Mundo Outro Lado’18 de Adega Cabo do Mundo
  • Asolagados Treixadura’22 / Asolagados Rosado’22 /Sombra del Peregrino’22 de Pilares de Belesar
  • Castrofiz Amenza’22 / Castrofiz Mencía’22 / Castrofiz Tradición’20 / Castrofiz Barrica’20 de Adega Castrofiz
  • Calexotes Godello’22 / Calexotes Mencía’ 22 de Adega Calexotes
  • Condado de Sequeiras Godello’21 / Condado de Sequeiras Mencía’21 / CS Barrica’17 de Adegas Condado de Sequeiras
  • Vía Romana Do Camiño Godello’20 / Vía Romana Añada Mencía’21/ VR Barrica’18 de Vía Romana Adegas e Viñedos
  • Instinto Romano’22 de Instinto Romano
  • Os Cipreses Mencía’22 / Cypressus’20 / Cypressus’19/ Os Cipreses
  • Albarduxe’22 de Albarduxe
  • O viño da Esther’22 / Diego de Lemos Mencía’21 de Adega Diego de Lemos
  • Amedo’21 / Pero Bernal’21 / Incierto’20 de Adegas Amedo
  • Ribeira de Pantón`21 / Ribeira de Valboa’ 21 de Bodegas Santa María de Nogueira.
  • Sabatelivs Chamorra’17 / Sabatelivs Carballo’ 19 de Adegas e Viñedos Lareu
  • The Boy From The Bridge Espido’20 de Enonatur

Medallas Vide de Bronce

  • Sabatelivs Godello’22 / Noa’21 de Adegas e Vñedos Lareu
  • Os Cipreses Branco’22 / Pedra’21 de Os Cipreses
  • Vía Romana Do Camiño Rosado’21 de Vía Romana Adegas e Viñedos
  • Momentum’20 / 1985 El Origen’21 / Pincelo’21 / 1985 Herencia Martina’19 de Bodega Pincelo
  • Albarduxe’21 de Albarduxe
  • Veiga do Bacelo’21/ Bodegas Santa María de Nogueira
  • Gaios’15 de Adegas Amedo
  • La Desobediencia de Leda’18 de Enonatur

Cata popular

Nesta cata só participaron viños novos, sendo os máis destacados:

  • Instinto Romano Mencía’22 de Instinto Romano
  • Sabatelivs Mencía’22 de Adegas e Viñedos Lareu
  • Calexotes Mencía’22 de Adega Calexotes
Feira do Viño de Chantada 2023 / Concello de Chantada

ÚLTIMAS

O Programa Deportivo de Verán de Monforte oferta 822 prazas

A Tenente de Alcalde de Monforte, Gloria Prada, destaca que desde o concello "fixemos...

42 persoas participan no Centro Cívico de Monforte das xornadas de formación universitaria para maiores de 50 anos

O programa de formación universitaria, que por quinta vez se celebra en Monforte con...

Sober convoca dúas bolsas culturais internacionais “Pintor de Castinandi”

O Concello de Sober convoca dúas Bolsas Culturais Internacionais ‘Pintor de Castinandi’ para o...

Roberto López, de colaborar co Bóveda Slam Poetry a publicar o seu primeiro poemario

Roberto López Veiga naceu na Coruña pero sempre estivo moi apegado a Rubián, no...