HomesociedadeA A.V. do Saviñao solicita ao concello mellorar a circulación da rúa...

A A.V. do Saviñao solicita ao concello mellorar a circulación da rúa Rosalía de Castro de Escairón

A Asociación Veciñal do Saviñao solicita á alcaldía, a adopción de medidas para solucionar o conflito circulatorio na rúa Rosalía de Castro de Escairón. Segundo a asociación dáse sobre todo nos días laborias. "A angostura da rúa e o feito de aparcar a ámbalas dúas beiras provoca que sexa imposible circular simultáneamente dous vehículos en sentido oposto e haxa que esperar que pase un", aseguran.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A asociación veciñal asegura que esta situación agrávase coa circulación de vehículos de grande tonelaxe, “camións de gando, de pienso, forestais, de reparto, de leite e de asfalto que transitan por esta rúa para atravesar Escairón.” Lembran tamén a presenza desta do colexio nesta rúa, o que engade presión ó tránsito rodado.

Nesta situación piden ao concello establecer aparcamento alternativo por quincenas en cada unha das beiras da rúa, “tal e como está ordenado e funciona na Avenida Buenos Aires.” Tamén propoñen o desvío dos camións de grande tonelaxe polas estradas de circunvalación, que ofrecen diversas alternativas, para evitar o tránsito polo centro de Escairón e desconxestionar así a circulación.

ÚLTIMAS

Últimas proxeccións da curta ‘Descensos’ no IES Daviña Rey de Monforte e Lamas das Quendas de Chantada

A curta "Descensos", que une documental e ficción, conta a historia de dous descensos...

Monforte licita o PXOM por 859.100€ e un prazo de execución de 60 meses

Co envío do anuncio de licitación ábrese o procedemento de contratación e o prazo...

O CCU de Monforte avanza na súa continuidade ao coñecer a posibilidade dunha candidatura á directiva

O interese expresado durante a asemblea, xunto co trasladado por teléfono por outros socios,...