Homesociedade5 concellos de Ourense incorpóranse ao Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra

5 concellos de Ourense incorpóranse ao Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra

No pleno extraordinario celebrado este xoves no salón de plenos do Concello da Pobra de Trives aprobouse por unanimidade a modificación de estatutos do Consorcio de Turismo pola que se incoporan os Concellos da Pobra de Trives, Chandrexa de Queixa, Manzaneda, O Pereiro de Aguiar e San Xoán de Río.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Con estas 5 novas incorporacións equipárase a delimitación territorial da entidade co binovo mapa de xeodestino aprobado por Turismo de Galicia o pasado ano e incorpóranse os Concellos integrados no BIC Paisaxe Cultural Ribeira Sacra.

Trala votación do Consello Reitor, tomaron a palabra a alcaldesa e os alcaldes dos concellos que se engaden ao Consorcio. Todos eles fixeron fincapé no agradecemento pola acollida nun xeodestino referente en Galicia que leva anos de traxectoria, con plena disposición a traballar e a poñer os recursos dispoñibles ao servizo do Consorcio. A palabra “sumar” foi o máis repetido nas súas intervencións, ademais da emoción.

O concello da Pobra de Trives, como anfitrión, convidou á artista, María do Ceo, que deleitou aos asistentes co himno á Ribeira Sacra.

Consorcio de Turismo R.S.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...