HomesociedadeAberto ao público o Parque infantil da Compañía

Aberto ao público o Parque infantil da Compañía

Esta semana o concello de Monforte iniciaba un peche provisional do Parque da Compañía para que a empresa Calfensa Proyectos puidera levar a cabo obras de subsanación na zona de xogos e proceder a cambiar o caucho do piso a requirimento do Concello.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O parque infantil da Compañía, que foi completamente renovado a principios do ano 2021, presentaba unha serie de deficiencias no piso de caucho, que non eran xustificables polo escaso período de tempo transcorrido dende a súa colocación.

Por este motivo o concello requeriu á empresa responsable das obras de ampliación e mellora, que se fixese unha análise da situación que concluíu cun informe no que se determina que o deterioro estaba ocasionado pola colocación dunha partida defectuosa de caucho.

Ante esta información, o equipo de goberno  procedeu a requirir á empresa para que levantase o piso defectuoso e volvese a colocar un caucho novo, que garantice que o parque estea en condicións óptimas para ser usado.

ÚLTIMAS

O Multiusos de Monforte acolle este 12 de novembro a representación de “A Metamorfose”

O teatro regresa este xoves, 12 de novembro, ás 20:15 horas, ao Edificio Multiusos...

Varios centos de persoas concentráronse en Monforte este 11N

En Monforte varios centos de persoas acudiron este mércores á convocatoria de mobilización que...

Inscricións abertas para participar na III San Silvestre que se correrá en Chantada o 26 de decembro

As inscricións están abertas a través da web www.ccnorte.com, ata as 23:59h. do día...

As Oficinas de Retorno itinerantes atenderon a máis de 4000 persoas na provincia

Na provincia de Lugo o servizo leva atendidas xa máis de 4.000 persoas desde...