HomesociedadeAbandono da Fisioterapia e da Logopedia na zona sur, denuncia CIG-Saúde

Abandono da Fisioterapia e da Logopedia na zona sur, denuncia CIG-Saúde

A CIG-Saúde denuncia o abandono que hai no Servizo de Rehabilitación do Hospital Público de Monforte que ao non ter Médico Rehabilitador causa graves trastornos aos pacientes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na actualidade só poden ser atendidos en Rehabilitación do Hospital de Monforte, pacientes con tratamento prescrito por un facultativo especialista en RHB doutro hospital ou pacientes englobados dentro dos protocolos acordados coa Dirección, “Isto supón unha porcentaxe moi pequena con respecto a todos os pacientes que necesitan deste tipo de tratamento e se atopan esperando”, sinala o sindicato.

Dende o 24/11/2022 o Hospital está sen Médico/a Rehabilitador/a e está a haber unha lista de espera “da que non hai datos. Os agudos atendidos por cirurxías son derivados polos facultativos especialistas para facer tratamento pero os pacientes non poden ser remitidos novamente polos/as fisioterapeutas para controlar evolución. Terían que ser citados novamente ao especialista chegando o caso a tardar ao mellor dous meses en velos.”

No centro de saúde de Chantada a situación non é mellor. Están atendendo aos pacientes crónicos derivados do médico/a de familia e aos agudos de cirurxía “senón chegan as sesión pautadas ou hai un empeoramento ¿quen os valoraría senón temos Rehabilitador?”

Aseguran, “Tamén a hai que engadirlle os pacientes que están en incapacidade temporal que non poden ser dados de alta polo seu médico/a de familia do seu proceso porque non hai Servizo de Rehabilitación. Isto fai que se alarguen as baixas co custo económico que supón isto para as arcas da Seguridade Social.”

CIG-Saúde Monforte ten pedido en numerosas ocasión á Xerencia da Área Sanitaria crear nos Centros de Saúde de Monforte de Lemos e Quiroga un Servizo de Fisioterapia. “A Xerencia alega que no centro de saúde de Monforte non se pode crear xa que está o Hospital de Monforte para o seu desenvolvemento e que en Quiroga tampouco hai porque o Servizo de Atención Primaria non ten máis 15.000 pacientes. Este argumento cáese polo seu propio peso, xa que o SAP de Chantada ten sobre uns 10.000 pacientes e conta con quenda de mañá e de tarde no Servizo de Fisioterapia”, argumenta o sindicato.

Denuncian tamén a situación na que se atopa a Logopedia en nenos que teñen o/a pediatra no centro de saúde de Monforte, “Teñen unha lista de espera dun ano de media para os nenos do municipio de Monforte de Lemos. Na actualidade o Servizo está privatizado cunha clínica da cidade, o peor de todo é a discriminación que están sufrindo os/as cativos/as de Monforte. Outros/as  nenos/as son derivados/as polas pediatras de referencia á Unidades de Atención Temperá ubicadas en Quiroga e Chantada (estas unidades atenden tanto a nenos/as con diversidade funcional coma non os/as que a teñen) e case non hai lista de espera.”

ÚLTIMAS

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...