HomesociedadePreséntase en Lugo a XXVIII Mostra de viños da Ribeira Sacra de...

Preséntase en Lugo a XXVIII Mostra de viños da Ribeira Sacra de Pantón

O delegado territorial da Administración autonómica, Javier Arias, acompañado do alcalde de Pantón, José Luis Álvarez -e doutros representantes da organización- participou na presentación da feira, decarada Festa de Interese Turístico de Galicia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu este mércores a presentación da 28ª Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón, que terá lugar a fin de semana do 13 e o 14 de maio. Nesta ocasión participarán nove adegas, unha máis que o ano pasado.

A degustación dos viños irá acompañada de actuacións musicais durante as dúas xornadas e doutras actividades como a entrega de premios do VIII Concurso Fotográfico Red Ribeira Sacra – Viticultura Heroica. Ademais, o sábado terá lugar a VI Romaría da Empanada, na que se poderá gozar con este produto típico no recinto feiral.

Arias salientou que a festa de Pantón “enxalza ante milleiros de persoas a excelencia dos viños da Ribeira Sacra, froito do esforzo realizado polos colleiteiros e adegueiros desta Denominación de Orixe”. Así mesmo, “constitúe unha ocasión inmellorable para visitar a zona e coñecer os seus excepcionais recursos vinculados ao mundo do viño, como a paisaxe e a gastronomía”, engadiu.

ÚLTIMAS

A ‘Romaría da Ermida’ xa é Ben de Interese Cultural

A nova de declarar Ben de Interese Cutural á 'Romaría da Ermida' chega no...

Queres participar nunha curta que se rodará do 22 ao 27 de setembro en Rosende?

La Plantación. Encuentros y Conocimiento organiza do 20 ao 29 de setembro un obradoiro...

A CIG Saúde reclama a apertura inmediata da Planta de Medicina Interna no Hospital de Monforte

A CIG Saúde asegura que a suspensión dos quirófanos débese á falta de cama...

​O monfortino Lucas Pavón Sanmartín, subcampión de España de pesca

O Club Pesca Río Cabe vén de colleitar un gran éxito nacional e reafirma...