HomesociedadeA ocupación na Ribeira Sacra para esta Ponte de Maio sube un...

A ocupación na Ribeira Sacra para esta Ponte de Maio sube un 16% con respecto ao pasado ano

Cos datos recollidos ata o de agora, estase ante as previsións máis altas dos últimos anos, só superadas polo 2019. "Un dato moi positivo, como vimos rexistrando nos últimos meses, xa que o número de establecementos e prazas medrou significativamente dende o devantido ano (+2.300 prazas e +330 aloxamentos)", sinalan desde o Consorcio de Turismo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As previsións de ocupación desagregadas por tipoloxía de aloxamento son do 90,1% nos Hoteis de 4 e 3 estrelas, subindo un 14% con respecto ao 2022; en Turismo Rural a ocupación é do 78%, un 12% máis que en 2022. Nas Vivendas Turísticas e de Uso Turístico sitúase a ocupación no 77%, un 15% máis que en 2022 e sube un 10% a ocupación noutros aloxamentos, situándos no 65,6 %.

Nas cifras de ocupación desta Ponte tense en conta a incorporación dos 5 novos concellos ao CTRS, o que implica engadir 55 aloxamentos e 1277 prazas á oferta aloxativa do xeodestino. Segundo os datos facilitados as previsións son un 16% superiores no seu conxunto ás do ano pasado para o mesmo período. “Ben é certo que este ano a festividade é para toda España, mentres que en 2022, ao caer en domingo o día 1 de maio, a posibilidade de pasalo ao día 2 foi elexible para cada CCAA.”

No 2022, apenas se notaron diferenzas nas previsións de ocupación entre as distintas tipoloxías e categorías de aloxamento. Sen embargo, para esta ponte, os hoteis de 4 e 3 estrelas volven a marcar as ocupacións máis altas. Na categoría de “outros aloxamentos”, destacan as altas ocupacións de apartamentos turísticos e dos hoteis de 2 estrelas, achegándose moito ao 100% de previsión de ocupación.

ÚLTIMAS

O Trail galego das categorías infantil, cadete e xuvenil adéstrase en Chantada

Unha vintena de nenos e nenas chegados de toda Galicia, acompañados polo preparador e...

‘Val de Quiroga de tapas’: a tapa gañadora coñecerase tras o pregón da Feira do Viño de Quiroga

O 'Val de Quiroga de tapas' celebrou a súa décimo terceira edición neste comezo...

Os coidados como saída laboral a debate este 24 de abril no Ecocentro Natureza de Monforte

O vindeiro xoves, 24 de abril, o Ecocentro Natureza de Monforte de Lemos (á...

Búscase cartel para a Feira Guímara da Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón vén de anunciar a convocatoria para o primeiro...