HomesociedadeMonforte celebra pleno extraordinario para concederlle a Kern Pharma a bonificación do...

Monforte celebra pleno extraordinario para concederlle a Kern Pharma a bonificación do Icio que lle corresponde

O concello de Monforte convoca pleno extraordinario o día 15 de maio para dar resposta a unha solicitude da empresa Kern Pharma que entrou por rexistro no Concello o día 11, e na que se solicita que se lle conceda a bonificación estipulada na Ordenanza Fiscal Reguladora sobre Construccións, Instalacións e Obras, coñecida como ICIO.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O pasado día 28 de febreiro a empresa Kern Pharma presentou no Concello a solicitude para a licenza de obras dunha Planta de Inxectables que se vai a construir no Polígono do Reboredo en datas próximas. O concello deulle prioridade a esta solicitude, e en menos dun mes, concedeulle a licenza solicitada.

Para lograr este obxectivo, o Concello tivo que elaborar os informes técnicos pertinentes por parte do servizo de urbanismo municipal e tamén solicitar da Deputación de Lugo informes do servizo de Vías e Obras, en relación coa afección que puidera ter esta industria, dado que se sitúa no lateral da estrada provincial LU-P-3205 de Monforte de Lemos a Sober, por Neiras.

Tanto o informe municipal como o informe da Deputación, foron favorables e con data 27 de marzo, a Xunta Local de Goberno, aprobou conceder a licenza de obras de construcción da nova planta nos terreos situados no Polígono Industrial do Reboredo, parcelas 1C, 2C, 3C. O Concello, polo tanto conseguiu facer toda a tramitación en 28 dias naturais, licenza que xa lle foi comunicada á empresa e que permite executar este proxecto, que afecta á primeira fase da planta e co que se crearán sobre 50 postos de traballo. Agora convócase este Pleno Extraordinario e Urxente, para dar resposta á solicitude e poder declarar a concesión da bonificación mencionada.

O ICIO que lle corresponde a esta inversión ascende a 623.781,44€. O Concello de Monforte está acreditado como Concello Emprendedor, e sempre que se implantan ou se amplian empresas que superan a creación de 6 postos de traballo, bonifícase o ICIO (licenza de obra) no 95%, cando soliciten a licenza de actividade, é dicir que o Concello bonificará a licenza nun importe de 623.871,44 € polo que a empresa Kern Pharma terá que pagar pola licenza de obra a cantidade de 31.193,58€.

O concello tamén vai bonificar durante 3 anos o 95% da IAE e o 95% do IBI tal e como está recollido na Ordenanza Municipal aprobada con este Alcalde, para facilitar a implantación de novas industrias e a ampliación das existentes, ligadas á creación de emprego.

Cando nos próximos meses Kern Pharma inicie as obras da nova Planta de Inxectables, “producirase un antes e un despois no tecido industrial de Monforte, que afectará a toda a comarca, e que vai contribuir ó crecemento do tecido industrial do Polígono”, sinalan desde o concello de Monforte.

ÚLTIMAS

O Enterro da Sardiña despide o Entroido en Monforte

O tradicional Enterro da Sardiña puxo este mércores pola tarde o peche ao Entroido...

A Torre da Homenaxe monfortina lembrará o ‘Día Mundial do Colangiocarcinoma’

O Concello de Monforte colabora coa iniciativa da Asociación de Tumores de Vías Biliares...

“Memorias dun neno labrego”, este 19 de febreiro no Multiusos de Monforte

Nova cita co teatro este xoves, 19 de febreiro ás 20.15 horas, no Edificio...

Búscanse figurantes para a serie ‘LOBO’, rodada en parte no Courel e no Incio

Estas pasadas semanas graváronse xa partes da serie LOBO en escenarios do Courel e...