HomesociedadeA Deputación renova o seu apoio á Asociación de Alcohólicos Rehabilitados de...

A Deputación renova o seu apoio á Asociación de Alcohólicos Rehabilitados de Chantada

O colectivo chantadino traballa neste programa con veciñanza da localidade e tamén de concellos limítrofes, como Taboada, Carballedo, Antas de Ulla, Monterroso, O Saviñao e Sober, entre outros, dando servizo a máis de 70 persoas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, mantivo un encontro con representantes da Asociación de Alcohólicos Rehabilitados de Chantada (ARCHA) para a entrega do acordo co que a institución provincial colabora co programa de atención a persoas con adicións desta entidade, financiando gastos de persoal e material de imprenta.

A Deputación de Lugo apoia a ARCHA no seu labor de tratamento psicosocial das persoas con problemas de adición ao alcohol e de prevención do seu consumo. Entre as actividades levadas a cabo están a psicoterapia individual, conductual familiar e de parella e de grupo. Ademais, teñen en marcha un taller de habilidades sociais enfocado nas relacións interpesoais, accións de asesoramento sobre adiccións e interconsulta con outros profesionais.

ÚLTIMAS

Máis de 200 actividades formativas no IV programa “Da Escola á Granxa”

O deputado, Daniel García, achegou estes datos sobre a cuarta convocatoria do programa nun...

María Pena López, nova centenaria de Quiroga

Esta centenaria asegura que o segredo para chegar a cumprir un século de vida...

Reactivadas as comunicacións para queimas agrícolas e restos forestais

Como vén sendo habitual, no portal da internet destinado a comunicar as queimas de...

“O encontro de Sober” analiza durante dous días a relación rural-industria

No encontro destacábase que o 95% do territorio galego é rural, unha singularidade a...