300 personas inscritas na Primavera de Portas Abertas na Ruta do Viño da Ribeira Sacra que se celebra do 26 ao 28 de maio

Durante cinco fins de semana, do 5 de maio ao 4 de xuño celébrase a Primavera de Portas Abertas nos Roteiros do Viño de Galicia. No Roteiro do Viño da Ribeira Sacra as actividades desenvolveranse entre o 26 e o 28 de maio.

Visita adegas D.O. Ribeira Sacra / Ruta do Viño da Ribeira Sacra

Para as actividades que organiza a Ruta inscribíronse 300 persoas. Por primeira vez os buses do viño saen desde Vigo e A Coruña, ademais das saídas desde Ourense, Lugo e Monforte de Lemos. Durante estes 3 días contarase tamén con roteiros que nos levarán a coñecer os aceites de Quiroga, a senda PR-G 180 Roteiro da Cubela, o románico de Pantón e Sober e a navegar polo Miño e o Sil con catas en adegas.

Ademais da actividade tapas e viños, comézase este venres coa proposta da sommelier, Mercedes González, “Cata de Viños e conservas, parellas sumamente pracenteiras”, que terá lugar no Centro do Viño da Ribeira Sacra o 26 de maio a partir das 19.30

Para completar a programación nesta Primavera de Portas Abertas, os máis novos terán tamén o seu espazo gratuíto para talleres infantís que se desenvolverán o día 27 en horario de mañá na casa da cultura de Chantada.

Na programación de Primavera de Portas Abertas, ademais destas propostas organizadas desde a Ruta do Viño de Ribeira Sacra haberá outras actividades especiais nos establecementos asociados. Contarase con visitas guiadas e gratuítas ás adegas: Adega Vella, Amedo, Adega Ribada, Casa Moreiras, Condado de Sequeiras, Adega Finca Míllara, Ponte da Boga, Proencia, Rectoral de Amandi, Ronsel do Sil, Val de Quiroga e Vía Romana. Ao finalizar as visitas ofreceranse degustacións de viños.

Haberá descontos nas visitas ao Centro de Interpretación do Viño da Ribeira Sacra que se farán o venres 26, sábado 27 e domingo 28 de maio, ás 12.30 e ás 18.00 h. O Ecomuseo de Arxeriz fará visitas o venres 26, sábado 27 e domingo 28 de maio, de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 h. Tamén o Museo Etnográfico de Quiroga fará visitas o venres 26, sábado 27 e domingo 28 de maio. O 27 e 28 de maio, previa reserva, haberá Roteiros Guiados en Segway pola Ribeira Sacra de 11.30 a 18.00 e Quinta Sacra organizará paseos en barca. Tamén os aloxamentos Casa das Xacias e Hotel Mogay en Chantada ofrecen descontos e packs especiais durante toda a fin de semana.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here