HomesociedadeCIG-Saúde denuncia a falta de enfermeiras no Hospital de Monforte

CIG-Saúde denuncia a falta de enfermeiras no Hospital de Monforte

O sindicato pídelle á Dirección que cubra os permisos do persoal e que "non volva deixar ningunha planta cunha soa enfermeira."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo a CIG Saúde o Hospital de Monforte adoece desde hai tempo de falta de enfermeiras, o motivo é para o sindicato, “a mala xestión por parte do centro polas malas condicións de traballo existentes e por non coidar ao persoal ofrecendo contratos precarios e limitando os seus dereitos por ser persoal temporal.”

A esta situación engaden o que denominan “última medida precarizadora da dirección do Hospital de Monforte: cando non atope enfermeiras para cubrir os permisos que disfrutan outras, deixar unha soa enfermeira por planta.”

Aseguran que en Monforte xa hai un déficit de enfermeiras moi importante nas unidades de hospitalización “onde só hai dúas enfermeiras por quenda, pero agora deixan a unha soa enfermeira para atender toda a planta.”

Para CIG-Saúde esa medida crea inseguridade tanto para os pacientes como para o propio persoal “que vai ter que facer fronte en soidade a posibles ingresos na unidade ou a que algún dos pacientes ingresados se inestabilice e sexa precisa unha actuación de urxencia”, conclúen.

ÚLTIMAS

Deteñen un home en Monforte por bater a outros dous diante dun pub

A Policía Nacional detivo o mércores a un home en Monforte de Lemos por...

Comeza a fin de semana de Primavera de Portas Abertas na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

A Xunta, a través de Turismo de Galicia, promove esta fin de semana unha...

“O agrarismo nas terras de Chantada” preséntase este 23 de maio na vila do Asma

O Certame ten por obxecto promover labores de investigación na lingüística, a historia, a...

Bóveda acolle unha charla sobre o cultivo de oliveiras

Á vista do aumento do cultivo de oliveiras na zona da Pobra do Brollón,...