HomesociedadeRecoñecemento para Gloria Otero, a primeira asistenta social de Lemos

Recoñecemento para Gloria Otero, a primeira asistenta social de Lemos

O pasado sábado 3 de xuño máis de 80 compañeiras e amigas xuntáronse en Monforte para facerlle unha homenaxe tras a súa xubilación en decembro do 2022.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Un xantar homenaxe no Campo de Golf monfortino serviu para xuntar a máis de 80 persoas entre compañeiros de traballo, asistentas sociais dos distintos concellos da comarca de Lemos e asociacións, traballadoras do SAF, ademais de membros das distintas corporacións municipais que pasaron polo Concello de Monforte nos 36 anos de servizo de Gloria Otero Saco.

Todos e todas destacaron a traxectoria exemplar de Gloria, que montou os Servizos Sociais da Comarca comezando desde cero, recorrendo no seu Dyan6 todos os concellos da contorna axudando co seu traballo e dedicación a quen o necesitou en todo momento. No transcurso do encontro non faltaron momentos para o recordo, nin anécdotas despois de tantos anos de traballo como Asistenta Social.

“Despediuse a unha grandísima profesional, unha boa compañeira e unha mellor persoa”, din os seus compañeiros e compañeiras do concello.

Foto a xuntanza arroupando á homenaxeada, Gloria Otero. Foto: Cedida por Antía R.

ÚLTIMAS

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...