HomesociedadeAlumnado do CEIP A Gándara de Monforte gaña o certame de consumo...

Alumnado do CEIP A Gándara de Monforte gaña o certame de consumo Galicons cun proxecto sobre linguaxe publicitaria

A xerente do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, Sol Vázquez, visitou este xoves o CEIP Plurilingüe A Gándara, gañador na categoría para alumnado de segundo ciclo de educación infantil e de educación primaria do certame autonómico de consumo responsable Galicons, impulsado pola Consellería de Economía, Industria e Innovación xunto coa Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O CEIP A Gándara realizou co alumnado de segundo ciclo de educación infantil e de educación primaria un proxecto sobre linguaxe publicitaria titulado Mercándara, coa finalidade de reflexionar sobre como a publicidade xoga un papel fundamental nos hábitos de consumo e da relación que existe entre o consumo e o xénero. Dentro do proxecto recrearon no centro un supermercado, visitaron un invernadoiro, fixeron unha exposición do percorrido histórico do paso dos empaquetados de papel aos envases de plástico e gravaron un anuncio publicitario dun mesmo produto, pero simulando distintas épocas.

Galicons, que nesta edición contou coa participación de máis de 1200 alumnos e alumnas de toda Galicia, é un programa educativo realizado en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, incluído dentro do Plan Proxecta, coa finalidade de promover a educación para o consumo responsable nos centros educativos galegos.

Na convocatoria dos premios establécense catro categorías de participación: categoría A: alumnado de segundo ciclo de educación infantil e de educación primaria; categoría B: alumnado de educación secundaria obrigatoria; categoría C: alumnado de bacharelato, de ciclos formativos de grao medio e de grao superior e formación profesional e de educación de persoas adultas; e categoría D: alumnado de educación especial.

O mellor proxecto en cada unha das categorías recibe un premio de 1.500 euros. Ademais, a persoa coordinadora e o profesorado participante nos proxectos premiados recibe da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades unha certificación de premio de innovación educativa cunha equivalencia de 30 horas de formación do profesorado para o profesorado coordinador e 20 horas para o resto do profesorado participante.

ÚLTIMAS

Alumnado do CEIP Eduardo Cela Vila pregoou a XIV Feira de Artesanía e Produtos da Zona de Triacastela

A través dunha lectura coral, o alumnado do centro pronunciou o seu discurso baixo...

Esperta Monforte esixirá no pleno deste 28 de setembro que se remate o enlace entre o Porto Seco e a N-120

Na moción que presenta Esperta Monforte sinalan que a Cidade do Cabe ten un...

Extinguido este domingo o incendio que comezou o 15 de setembro en Quiroga

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal iniciado o martes,...

Viaxe promocional e institucional do tren Galaico Expreso entre Ourense e San Clodio-Quiroga

A viaxe promocional e institucional que promove o MUFERGA partirá este luns 28 de...