HomesociedadeXXVII Cata dos Viños da Ribeira Sacra, os días 29 e 30...

XXVII Cata dos Viños da Ribeira Sacra, os días 29 e 30 de xuño co lema “Ribeira Sacra, proxecto común”

O día 29 terá lugar a pre-cata e o día 30 a cata final no Parador de Turismo de Monforte de Lemos; mentres que a gala de entrega de premios terá lugar o día 30 ás 14:00 h. no restaurante Bistró da cidade do Cabe.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na XXVII Cata dos Viños da Ribeira Sacra participan 63 mostras de 26 adegas, 25 mostras corresponden a Viños Tintos, 12 mostras a Viños Brancos e 26 mostras a Outras Anadas.

A cata dos viños da D.O. Ribeira Sacra é un dos eventos máis destacados para promocionar os viños que se elaboran neste territorio. Este ano faise co lema “Ribeira Sacra, proxecto común”.

“A D.O. conseguiu situar os seus viños nos máis altos estándares de calidade grazas ao traballo conxunto de viticultores e adegueiros que contribuíron a crear e manter unha paisaxe que nos fai únicos no mundo, ademais de dinamizar e dar valor ao noso rural xerando un sector que impulsa o crecemento económico doutros sectores, por iso este territorio e os nosos viños son un proxecto de todos, un proxecto común”, asegura o presidente do C.R.D.O. Ribeira Sacra, Antonio Lombardía.

O certame establece tres categorías: Viños Brancos, Viños Tintos e Viños doutras Anadas. Nas categorías de Brancos e Tintos establécense 3 premios: Medalla de Ouro, Medalla de Prata e Medalla de Bronce. Na categoría doutras Anadas entréganse 3 Medallas de Ouro, pola cantidade de mostras participantes nesta categoría.

Técnicos do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra desprazaranse ás adegas participantes onde recollerán 3 mostras ao azar de cada viño de entre o stock da adega. Posteriormente un notario procederá ao embolsado, precintado e numerado das botellas, que permanecerán convenientemente custodiadas ata a celebración da Cata.

O panel de cata intégrano:

  • Luis Buitrón, representante da Asociación Galega de Enólogos.
  • Mercedes González, representante Vitislucus-Expertos Análise Sensorial e Enoturismo
  • Jorge Luis Mazaira, representante outras D.O. galegas
  • Luis Miguel López, representante outras D.O. galegas
  • Bibiana Guerra, representante Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL)
  • Luis Díaz, representante prensa
  • Julio Ponce, membro do panel de cata C.R.D.O. Ribeira Sacra
  • José Felícisimo, membro do panel de cata C.R.D.O. Ribeira Sacra
  • Rosa Domínguez, membro do panel de cata C.R.D.O. Ribeira Sacra
  • Aarón Álvarez, representante Asociación Gallega de Sumilleres

Os viños serán catados por categorías, comezando polos viños Brancos e terminando cos viños doutras Anadas. O número máximo de viños seleccionados na precata e que pasarán á Cata final será de 10 para a categoría de Viños Tintos e 6 para as categorías de Viños Brancos e Viños doutras Anadas.

Na gala de entrega de premios que se celebrará no restaurante Bistró daranse a coñecer os que serán considerados como os mellores viños da Denominación Ribeira Sacra 2023, unha celebración que ten por obxecto a promoción dos viños da D.O. Ribeira Sacra e a posta en valor do traballo dos adegueiros e viticultores que integran a D.O.

ÚLTIMAS

Manuel Diéguez incide na ‘seguridade e coidado do viñedo’ na presentación oficial da 50 edición da ‘Subida Automobilística a Chantada’

Na presentación da 50ª edición da Subida Automobilística a Chantada, o primeiro en falar...

Déixate guiar pola Pobra do Brollón este verán

As visitas vinculadas á arqueoloxía son o Castro de San Lourenzo de Cereixa, Penas...

200 persoas de 13 parroquias de Chantada participaron do programa Actívate no Rural

O Concello de Chantada a través da concellaría de Servizos Sociais organizou desde o...

Panorama e Combo Dominicano nas Festas de Quiroga

O Concello de Quiroga comeza a facer públicas as actuacións das súas festas de...