HomesociedadeComeza o aglomerado da estrada provincial, Monforte-O Reboredo

Comeza o aglomerado da estrada provincial, Monforte-O Reboredo

Os traballos da institución provincial, que contan cun orzamento de 315.000€, afectan ao tramo que vai do punto quilométrico 0,535 ao 3,175.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Deputación de Lugo iniciou este mércores as tarefas para o estendido de aglomerado en quente na LU-P-3205, que conecta Monforte coa estrada de Sober polo polígono industrial do Reboredo. Os traballos da institución provincial, que contan cun orzamento de 315.000€, afectan ao tramo que vai do punto quilométrico 0,535 ao 3,175.

As obras acometidas consistiron na limpeza de laterais e na adecuación de cruces coincidindo coa contorna do polígono industrial monfortino. Unha vez remate a pavimentación con aglomerado, levarase a cabo a sinalización horizontal e vertical, co que finalizarán as actuacións de mellora desta estrada.

ÚLTIMAS

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...