O Plan de Acción do Plan de Mobilidade Sostible Ribeira Sacra (PMS), recolle, entre outras cuestións, as problemáticas habituais que experimenta o destino en tempada alta en determinados recursos, como son os embarcadoiros, mosteiros ou outras zonas de ocio, como a Praia da Cova. A tal efecto, o documento contempla como posibles solucións a implantación de novos servizos de transporte turístico colectivo ou o trasvase modal de acceso a embarcadoiros (lanzadeiras).
Así, o Consorcio de Turismo pon en marcha unha proba piloto deste servizo de lanzadeiras en 5 puntos do territorio que rexistran unha elevada afluencia de visitantes e tránsito de vehículos na tempada estival. Estes servizos funcionarán gratuitamente todos os días entre o 15 de xullo e o 30 de agosto. Esta periodicidade permitirá analizar o funcionamento do servizo nas semanas máis fortes en afluencia do ano. Cos resultados acadados e os axustes que sexan precisos, levaríase a cabo a organización e/ou contratación dos servizos lanzadeiras de cara aos períodos de tempada alta do ano 2024.
“Os horarios plantexados para este verán 2023 son unha proposta de frecuencias para avaliar o nivel e picos de demanda do servizo, de tal xeito que estes poden sufrir variacións ao longo da tempada en función da demanda real de prazas”, anuncian desde o Consorcio de Turismo. A capacidade do transporte variará dependendo do percorrido a realizar, entre as 16 e 30 prazas por traxecto.
Os itinerarios das lanzadeiras serán os seguintes:
- Monforte de Lemos – Embarcadoiro de Belesar | 28 prazas
- Monforte de Lemos – Doade (pobo) – Embarcadoiro de Ponte do Sil | 28 prazas
- Escairón – Belesar – Praia da Cova | 16 prazas
- Castro Caldelas – Abeleda (pobo) – Embarcadoiro de Abeleda | 29 prazas
- Lanzadeira ao mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil | 19 prazas
Estas 5 lanzadeiras súmanse á do Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, posta en funcionamento no verán do 2021, tamén no marco do Plan de Sostibilidade Turística en Ribeira Sacra.
Horario lanzadeiras Ribeira Sacra
LANZADEIRA MONFORTE DE LEMOS – DOADE – EMBARCADOIRO PONTE DO SIL
IDA (Monforte de Lemos – Doade – Ponte do Sil):
– Saídas dende Monforte de Lemos: 9:55, 12:10, 14:55, 16:25, 17:35, 18:55.
– PARADAS intermedias en Doade (pobo): 10:20, 12:35, 15:20, 16:50, 18:00, 19:20.
– Chegadas a Ponte do Sil: 10:30, 13:30, 15:30, 17:00, 18:10, 19:30.
VOLTA (Ponte do Sil – Doade – Monforte de Lemos):
– Saídas dende embarcadoiro Ponte do Sil: 10:30, 13:30, 15:30, 17:00, 18:10, 19:30.
– PARADAS intermedias en Doade: 10:40, 13:40, 15:40, 17:10, 18:20, 19:40.
– Chegadas a Monforte de Lemos: 11:05, 14:05, 16:05, 17:35, 18:45, 20:05.
LANZADEIRA MONFORTE DE LEMOS – EMBARCADOIRO DE BELESAR
IDA (Monforte de Lemos – Belesar):
– Saídas dende Monforte de Lemos: 10:20, 15:20, 17:50
– Chegadas a Belesar: 11:00, 16:00, 18:30.
VOLTA (Belesar – Monforte de Lemos):
– Saídas desde embarcadoiro Belesar: 13:30, 18:30, 21:00.
-Chegadas a Monforte de Lemos: 14:10, 19:10, 21:40.
LANZADEIRA CASTRO CALDELAS – ABELEDA – EMBARCADOIRO ABELEDA
IDA (Castro Caldelas – Abeleda – Embarcadoiro Abeleda):
– Saídas dende Castro Caldelas: 10:10, 12:25, 13:10, 14:40, 15:20, 16:40, 17:25, 18:05, 19:10, 19:50
– PARADAS intermedias en Abeleda (pobo): 10:25, 12:40, 13:25, 14:55, 15:35, 16:55, 17:40, 18:20, 19:25, 20:05.
– Chegadas a embarcadoiro Abeleda: 10:30, 12:45, 13:30, 15:00, 15:40, 17:00, 17:45, 18:25, 19:30, 20:10.
VOLTA (Embarcadoiro Abeleda – Abeleda – Castro Caldelas):
– Saídas dende embarcadoiro Abeleda: 10:30, 12:45, 13:30, 15:00, 15:40, 17:00, 17:45, 18:25, 19:30, 20:10.
– PARADAS intermedias en Abeleda (pobo): 10:40, 12:50, 13:35, 15:05, 15:45, 17:05, 17:50, 18:30, 19:35, 20:15.
– Chegadas a Castro Caldelas: 10:50, 13:05, 13:50, 15:20, 16:00, 17:20, 18:05, 18:45, 19:50, 20:30.
LANZADEIRA ESCAIRÓN – BELESAR – PRAIA DA COVA
IDA | Escairón – Belesar: 10:45, 15:45
IDA | Escairón – Arxeriz – Praia da Cova: 11:30, 12:30, 16:30, 17:30, 19:15
VOLTA | Praia da Cova – Belesar – Escairón: 13:00, 18:00
VOLTA | Praia da Cova – Arxeriz – Escairón: 12:00, 17:00, 19:45, 20:15, 20:45, 21:15
LANZADEIRA MOSTEIRO DE SANTO ESTEVO DE RIBAS DE SIL (SEN RESERVA PREVIA)
De 11:00 a 14:30 e de 15:45 a 20:00 horas.
SAÍDAS do aparcamento cada 15 minutos.
DATAS: 8 e 9 de xullo e do 15 de xullo ao 30 de agosto.
LANZADEIRA MOSTEIRO DE SANTA CRISTINA DE RIBAS DE SIL
IDA (Parada de Sil – Mosteiro Santa Cristina): 10:30, 11:15, 12:00, 12:45, 15:30, 16:15, 17:00, 17:45, 18:30
VOLTA (Mosteiro Santa Cristina – Parada de Sil): 10:50, 11:35, 12:20, 13:30, 15:50, 16:35, 17:20, 18:05, 19:15
Ligazón para as reservas (ata 1 hora antes da saída): https://turismo.ribeirasacra.org/es/reservas | https://turismo.ribeirasacra.org/lanzadeiras-ribeira-sacra-2023 Máis información: turismo@ribeirasacra.org | 638 823 592 (10:00 a 18:00 h)