HomesociedadeA A.V. do Saviñao reclama ao concello permisos para abrir locais en...

A A.V. do Saviñao reclama ao concello permisos para abrir locais en Belesar

A asociación recolle e trasmite a queixa de dous veciños con iniciativas de hostelería, unha un furancho e outra un pequeno hotel-restaurante. Segundo a asociación estes veciños quéixanse das trabas administrativas do concello para a concesión do permiso.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Un dos veciños afectados é José Mazaira Vázquez de Belesar, denuncia que leva anos intentando unha iniciativa de emprendemento consistente nun furancho ou cantina en Belesar e que “se atopa nun conflito de permisos entre o Concello e a Deputación Provincial. No ano 2021 o interesado solicitou os permisos á CHMS así como á Direción de Patrimonio e ambos fóronlle concedidos. Asemesmo a oficina do Catastro concede o permiso pero atópase co conflito de que a Deputación condiciona o permiso ó cambio de uso a núcleo urbano, que lle corresponde ó Concello do Saviñao e este denégao.”

Lembran desde a asociación que Belesar é un dos puntos neurálxicos mais visitados da Ribeira Sacra. De alí parten os catamaráns do río Miño e por alí discorre o Camiño de Inverno a Santiago. A presenza de visitantes é considerable e con tendencia á alza, polo que son necesarios e imprescindibles servizos de alimentación, de hostelería e habitación.

Para a asociación veciñal, a negativa da corporación municipal neste caso contrasta coa permisividade para outros locais do mesmo uso no territorio municipal, polo que considérana un agravio comparativo, “Ademais dun freo administrativo á dinamización do mundo rural en alarmante decadencia poboacional, é unha deixadez d imprescindible laboura municipal de facilitar todas as iniciativas de desenvolvemento ós seus veciños”.

A asociación veciñal solicita do concello, “axilizar os trámites para a certificación nun acordo plenario de Núcleo Urbano para Belesar nas normas subsidiarias de urbanismo ou ben a elaboración dunha ORDENANZA que facilite a apertura dalgúns negocios, sempre no mantemento do respecto ás normas urbanísticas. Os proxectos contribuirían a xerar emprego e fixar poboación no noso municipio, o que debería ser tarefa prioritaria  para todos os xestores do mundo rural”.

ÚLTIMAS

A Biblioteca Pública Municipal de Chantada conecta co alumnado e a infancia

Ademais das sesións de contacontos, as instalacións da Biblioteca son visitadas habitualmente polo alumnado...

Quiroga celebra o San Martiño con actos culturais, magosto e música

Dúas grandes actividades culturais centraranse na fin de semana previa a esta celebración. O...

O prestixioso xornalista Andrew Neather visitará a D.O. Ribeira Sacra

Andrew Neather foi crítico de viños do Evening Standard de Londres entre 2005 e...

O PP de Quiroga esixe solucións ás deficiencias no servizo de telefonía móbil e conexión a internet

Dende o Partido Popular lembran que tralos devastadores incendios do pasado verán non só...