O martes 15, Día da Patroa, a Virxe de Montserrat, terá lugar na igrexa da Régoa. A comitiva institucional encabezada polo Alcalde sairá do Campo de San Antonio ás 10:30 h. e a misa celebrarase ás 11 horas. O alcalde, José Tomé, espera “que o próximo ano 2024 xa se poderán celebrar en San Vicente o Martes de Pascua e o 15 de agosto”.
O 15 de agosto terá lugar tamén o Día do Gaiteiro, no que alboradas de grupos de gaitas sairán pola mañá e percorrerán diferentes rúas da cidade. Na Praza de España terá lugar a Mostra de Danza e Música Tradicional. Antes dos Fogos de San Vicente e as actuacións musicais, as Barcas tradicionais engalanadas farán un percorrido polo río Cabe, a partir das 23:30 h.
O Programa das Festas tamén inclúe a oitava edición do Festival Cómico Festivo “A Rúa é Vosa”, os días 12, 13, 14 e 16 de agosto, e terá como escenarios a Praza de España e a rúa Cardeal. O programa deste festival contará coa participación de 6 grupos, e os protagonistas serán a música, a maxia, as acrobacias aéreas, os paiasos, os monicreques, o mimo, o circo e a danza. O resto da programación:
-Venres, día 11:
- 20:30 h.- Pregón, a cargo de Edgar Amando Cloos Fernández, na Casa do Concello
- 21:30 h.- Concerto da Banda de Acordeóns O Folión dos Xograres de Lemos, na Praza de España
- 00:00 h.- LUCÍA PÉREZ, na praza da Compañía
- 02:00 h.- Malenne, na praza da Compañía
-Sábado, día 12:
- 23:00 h.- Orquestra de Saxos de Redondela, na praza de Esapaña
- 23:00 h.- Deloreans, na praza da Compañía
- 00:00 h.- MIKEL ERENTXUN, na praza da Compañía
- 01:30 h.- Gin Tonic’s, na praza da Compañía
-Domingo, día 13:
- 22.30 h- Grupo América de Vigo, na praza da Compañía
- 23:00 h.- Orquestra de Música do Conservatorio Mestre Ibáñez do Concello de Monforte, na praza de España
- 00:00 h.- Orquestra PANORAMA, na praza da Compañía
- 02:00 h.- Grupo América de Vigo, na praza da Compañía
- 03:15 h.- Orquestra PANORAMA, na praza da Compañía
-Luns, día 14:
- 23:00 h.- Gallaecia Big Band, na Praza de España
- 23:00 h.- Orquestra Galilea na praza da Compañía
- 00:00 h.- ANTONIO JOSÉ, na praza da Compañía
- 01:30 h.- Orquestra Galilea, na praza da Compañía
-Martes, día 15:
- 20:30 h.- Mostra de danza e música tradicional, na praza de España
- 23:00 h.- Grupo Tekila, na praza da Compañía
- 00:00 h.- Fogos Artificiais dende San Vicente
- 00:30 h.- TANXUGUEIRAS, na praza da Compañía
- 02:00 h.- Grupo Tekila, na praza da Compañía
-Mércores, día 16:
- 23:00 h.- Orquestra Ritmo Joven ,na praza da Compañía
- 00:00 h.- Fogos Artificiais de Auga dende o río Cabe
- 00:30 h.- LUZ CASAL, na praza da Compañía
- 02:00 h.- Orquestra Ritmo Joven na praza da Compañía
Verán Cultural
O Ciclo de concertos de Grupos de Monforte desenvolverase do 23 ó 30 de agosto en 3 ubicacións: Praza da Compañía, a Praza da Estación e a Praza de España. Os grupos protagonistas deste ciclo serán:
- O mércores 23 de agosto: Cero 2 Cero (22:30 h.) e Los Ginetes del Trópico (00:00 h.), na praza da Estación.
- O xoves 24 de agosto: Dinosaurios (22:30 h.) e Doc Magoo’s (00:00 h.), na Praza da Compañía.
- O luns 28 de agosto: Dúo contrabaixo e voz (22:30 h.) e Movilla y Los Irrepetibles (00:00 h.), na Praza da Compañía.
- O martes 29 de agosto: Galga Blues Band (22:30 h.) e The Poet`s Silence (00:00 h.) na Praza de España.
- E o mércores 30 de agosto: Bella Chaos (22:30 h.), Vera Lynn (23:45 h.) e El Tarot de Toth (01:00 h.), na Praza da Estación.
O mércores 9 de agosto terá lugar esta gala de maxia, na praza de España, a partir das 22:30 h, coas actuacións do Mago Rafa, o Mago Iago e Edu El Mago.
Monforte Fusión terá lugar o sábado, 29 de xullo, na Praza de España cos grupos Javier Cherry Sweet e Kin García Quintet con Antia Muíño.
Ademais destas novidades, no programa de Verán Cultural non faltarán citas que xa son habituais nel como:
- Os Paseos en Barca polo Cabe, durante os meses de xullo, agosto e setembro.
- A Exposición de Carteis do XXVIII do Concurso de deseño de carteis das Festas Patronais, do 7 ó 24 de agosto.
- A 23ª Mostra Artelemos, do 4 ó 9 de agosto.
- O Festival Carude Rock, o 4 de agosto.
- A Festa da Empanada de Ribasaltas, o 20 de agosto.
- A XXIV Feira do Libro de Monforte, do 23 ó 26 de agosto.
- O II Encontro de Palilleiras do Concello de Monforte, o XXII Festival de Habaneras e o Festival do Paradiso, os tres eventos o sábado 2 de setembro.
- A Xornada Europea da Cultura Xudía, o domingo 3 de setembro.
- E a Festa do San Mateo o xoves 21 de setembro, que pechará o Programa Cultural de Verán.
Todos os concertos e actividades tanto das Festas como do Verán Cultural son de carácter gratuíto. O rexedor monfortino sinalou que “hoxe xa se fala das Festas de Monforte como un referente non só no sur da provincia, senón tamén noutras moitas zonas de Galicia, e no Noroeste peninsular. Temos un programa que pretende que as Festas Patronais sexan cada vez máis as festas de todos. As Festas de todos tamén se escenifican no alumeado, onde se van colocar 255 arcos en 64 rúas que abarcan todos os barrios da cidade, con 1 millón de luces LED”.