Os traballos de rehabilitación do firme que se están a levar a cabo consisten na limpeza de laterais e obras de drenaxe, pavimentación con aglomerado en quente e sinalización horizontal mediante marcas reflexivas brancas.
Con esta actuación, a Deputación suma máis de 600.000€ de investimento desde o ano 2019 nas diferentes estradas do Saviñao co fin de manter así o tránsito dos usuarios e usuarias coas mellores garantías de comodidade e seguridade.
A Deputación acondicionou cinco estradas provinciais nestes anos. A LU-P-4202, que vai de Pacios a Currelos, pasando por Aldosende, entre os puntos quilométricos 17,2 e 21,9 e cun investimento de 96.800€; o firme da LU-P-4112, que une Reguengo con Lamaquebrada con 26.600€; a LU-P-5811, dende O Torno a Gorgoz con 175.450€ nos primeiros 4 quilómetros; a LU-P-5804, dende Rebordondiego a Morgade pasando por Aiaz entre os quilómetros 3,9 e 10,9, e a LU-P-5801 dende a igrexa da Cova nos primeiros 3 quilómetros cun investimento que superou 260.000€..