HomesociedadeO sindicato Omega no Hospital de Monforte lembra que participou na concentración...

O sindicato Omega no Hospital de Monforte lembra que participou na concentración do día 20 de xullo

O representante do sindicato na Xunta de Persoal do Hospital, Víctor Manuel López Mouriño, asegura que non puido acudir á asemblea, pero estivo presente na concentración do pasado 20 de xullo, diante do centro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Aseguran desde o sindicato Omega que, antes da concentración a CIG mandou un correo a todos os traballadores que dicía o seguinte: “Cig-saúde convocou a pasada semana unha asemblea co persoal do hospital. Unha das cousas que nos pediron foi que convocaramos á Xunta de persoal para que se uniran á nosa proposta de concentración. Esa reunión tivo lugar hoxe, estivemos presentes, UGT, CSIF, USAE E CIG-Saúde. Estes sindicatos súmanse á concentración. CCOO, OMEGA e SATSE, non viñeron á reunión. Lembrámosvos que a concentración terá lugar este xoves día 20, ás 12 horas, diante do hospital.”

Víctor Manuel López remite un comunicado no que afirma que non acudiu á asemblea por motivos persoais xustificados que os convocantes da xunta coñecían e insiste en que participou da concentración como se recolle nas fotografías da concentración. “Entendemos que todos os sindicatos defendemos a sanidade pública, e que non se deben alentar afáns de protagonismos nesta defensa”, conclúe.

ÚLTIMAS

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...