HomesociedadeSober exalta a súa rosca, o mel e outros produtos da Ribeira...

Sober exalta a súa rosca, o mel e outros produtos da Ribeira Sacra

O evento celebrarase os días 11 e 12 de agosto, días nos que tamén haberá un Túnel do Viño de Amandi.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O venres 11 de agosto comezarán as actividades da XXVI Festa da Rosca, mel e outros produtos da Ribeira Sacra coa inauguración ás 18:00 h. do V Túnel do Viño de Amandi –acceso 3 euros– e unha actuación musical. Ás 21:00 h. o grupo Boroa levara a escena o espectáculo “O’ Clásico Fol”.

De cara ao sábado 12, día grande do evento, ás 10:00 lanzaranse bombas de palenque para anunciar a apertura de postos e ás 11:00 h. haberá unha demostración de traballos en madeira tallada e torneada a cargo da Asociación de Amigos da Madeira das Pontes.

Entre as 11:00 e as 13:00 h. desenvolverase un obradoiro de Fieltro para todos os públicos da man de ‘Ovella viva’.

Continuando co programa ter en conta que ás 11:15 actuarán ‘Os monifates’ e ás 12:00 a Banda de Acordeóns ‘O Folión’ da agrupación Os Xograres de Lemos.

A tradicional degustación de Rosca de Sober con Queixo será ás 13:00 h. e calcúlase que se repartirán unhas 2.000 racións.

Túnel do Viño presente na XXIII edición da Festa da Rosca de Sober/Concello de Sober

O Túnel do Viño, no que haberá 45 referencias e 25 adegas participantes, estará aberto nesta última xornada festiva entre as 11:00 e as 15:00 h. O recinto feiral contará con 13 stands con produtos, podendo atoparse tres postos de roscas, dous de olería, dous de mel, dous artesáns, a firma Cachenas de Pantón, a Librería da Proencia, Caurelor e Helados Xeou.

ÚLTIMAS

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...