HomesociedadeComeza o dispositivo de tráfico das Patronais de Monforte co peche do...

Comeza o dispositivo de tráfico das Patronais de Monforte co peche do estacionamento no Parque dos Condes

Este luns día 7, Monforte pon en marcha o dispositivo especial de tráfico que leva a cabo a Policia Local de Monforte, co motivo da celebración das Festas Patronais entre os días 11 e 16 de agosto. Desde hoxe ás 23:00 permanecerá pechado ao tráfico o estacionamento do Parque dos Condes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Por ser necesario para albergar as principais barracas e atraccións das festas, procederase ao peche do estacionamento no Parque dos Condes desde ás 23:00 horas do luns, día 07 de agosto, ata a completa desmontaxe das citadas instalacións, que previsiblemente será o venres, 18 de agosto.

Como alternativa, ademais de manter aberto o aparcamento existente na rúa Sarria, abrirarase ao público un solar na rúa Francisco Moure, pasando o paso a nivel, que estará dispoñible ata a finalización das festas e reapertura do anterior, e instalarase sinalización orientativa da súa ubicación.

Para permitir a montaxe das barracas e postos das festas, desde o mércores día 09 de agosto, incluido, ata a finalización das festas e desmontaxe das atraccións, suprimirase o estacionamento na rúa Compañía, pola marxe dereita no tramo frente ás Casitas”, e nas dúas marxes no resto ata o Paseo de Lugo. Igualmente, desde o mércores 09 de agosto, incluido, suprimirase o estacionamento na marxe dos pares da rúa Dalmiro de la Valgoma, a cal permanecerá habilitada como vía de dobre sentido de circulación durante todos os días das festas.

Desde o día 11 ó 16 de agosto, ambos incluidos, desde ás 18:00 horas ata a finalización das actuacións, que se estiman aproximadamente ás 04:00 horas, o tráfico estará cortado na súa totalidade na rúa Compañía, así como no tramo de Escultor Francisco Moure que vai desde o seu inicio ata a confluencia coa rúa Sarria.  No tramo da rúa Compañía que vai desde a bifurcación ata o paseo de Lugo, o tráfico estará cortado ás 24 horas, permitíndose o paso pola mañá dos días laborables a residentes, e vehículos comerciais para carga e descarga. Nese horario, o tráfico procedente do centro cidade será cortado na glorieta de Puente Fontecha e desviado por Roberto Baamonde – Av. Galicia – rúa Sarria/Celso Emilio Ferreiro e para acceder a Carud e A Pinguela seguirá por rúa Dalmiro de la Valgoma que estará en dobre sentido de circulación, e o que circule por rúa Escultor Francisco Moure será cortado a altura da rúa Sarria e desviarase por ésta e por Av. Galicia, ata rúa do Conde ou Roberto Baamonde.

O martes día 15 de agosto, o tráfico de subida ao conxunto monumental de San Vicente desde o Campo da Virxe estará cortado desde as 23:30 h. ata a finalización do lanzamento dos fogos artificiais,  que se estima será sobre as 00:40 horas.

O mércores día 16 de agosto, desde as 23:00 h ata a finalización dos fogos do río, que se prevé sobre as 00:40 horas, estará cortado o tráfico en todo o Paseo do Malecón, así como na Ponte Vella e nas rúas de acceso a esta (Méndez Casal desde Campo de San Antonio) e Santa Clara desde o enlace con rúa Corredoira.

Igualmente, todas as datas das festas pecharase a rúa Duquesa de Alba entre ás 00:00 e as 08:00

Todos os horarios e datas son orientativos, podendo ser modificados en función das necesidades que xurdan durante a celebración das Festas Patronais. En todo caso, instalarase sempre a sinalización correspondente. O Equipo de Goberno quere solicitar e agradecer a colaboración aos cidadáns que se poidan ver afectados polas medidas que se adoptarán durante os días que dure o dispositivo de tráfico das Festas Patronais de Monforte.

ÚLTIMAS

Concerto de acordeón no ciclo ‘Primavera Musical’ en Sober

Os amigos e amigas da música instrumental teñen o vindeiro 25 de maio unha...

O concello de Monforte requerirá a Aqualia para dar solucións integrais aos problemas de Escultor Francisco Moure e Reboredo

O contrato do concello de Monforte con Aqualia naceu no 2001, "xa dende o...

Unha nova xornada do ‘Marida Maio’ no Centro do Viño da Ribeira Sacra

Este xoves, 22 de maio, terá lugar ás 19:30 h. a segunda xornada da...

Prazo de inscrición aberto ata o 10 de xuño para participar na XXV edición de Artelemos

Como o ano pasado a cita coa mostra de artesanía durará 6 días, nesta...