HomesociedadeAcórdase que o concello se persone como acusación popular no caso das...

Acórdase que o concello se persone como acusación popular no caso das rapazas presuntamente agredidas sexualmente nas Patronais de Monforte

A Xunta de Goberno celebrada este luns pola mañá, acordou que o Concello de Monforte se persone como acusación popular no caso das dúas mozas agredidas sexualmente na madrugada do martes día 15 na cidade do Cabe.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anunciaba o pasado 16 de agosto que a intención do goberno municipal era a de personarse como acusación popular, co obxectivo de que “caia sobre os presuntos culpables, todo o peso da lei”, e trala Xunta de Goberno de hoxe confirmouse dita acción.

O rexedor local deu así traslado ós servizos xurídicos da Deputación de Lugo, que presta este tipo de servizos ó Concello monfortino, para que leve a cabo as xestións e accións necesarias para exercer como acusación popular neste caso, que está en mans do Xulgado e da Policía Nacional.

Esta presunta agresión sexual de dous mozos a dúas mozas acaeceu na madrugada do día 15 en Monforte, no entorno da Gardería Municipal. Tomé Roca agradece o traballo e a rapidez coa que actuou a Policía Nacional para resolver e deter ós presuntos responsables e subliñou que “o pobo de Monforte rexeita taxantemente calquera tipo de agresión e moi especialmente si se trata de agresións sexuais a mulleres. En Monforte non cabe ningún tipo de comportamento machista nin delitos contra a integridade e a liberdade sexual das mulleres, especialmente si son cometidos con menores de idade”.

O Concello lembra que está a disposición das familias para axudar a superar este momento tan difícil, prestando se fose necesario, apoio legal, psicolóxico ou de outro tipo que precisen.

ÚLTIMAS

O CC Ponte Vella convida a gozar dun atractivo e amplo programa de actividades de Nadal

O Centro Comercial Ponte Vella de Ourense presenta un amplo e atractivo programa de...

A igrexa de Santa María de Nogueira, en Chantada, estrea mellora da contorna

O Concello de Chantada vén de rematar o acondicionamento da contorna da igrexa de...

Xornada sobre subvencións para empresas, este 16 de decembro no Centro do Viño da Ribeira Sacra

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next centra a actividade en seguir dotando de...

Monforte convida a mercar e divertirse no seu Mercado de Nadal

Chega unha nova edición do Mercado de Nadal de Monforte. Será os días 20...