HomesociedadeCourel Vivo aposta por unha sanidade digna que priorice as zonas máis...

Courel Vivo aposta por unha sanidade digna que priorice as zonas máis alonxadas dos hospitais de referencia

"Nun Concello disperso e con veciñanza maior e sen coche, ou co Centro de Saúde a 20 minutos, cando se da a circunstancia de que nun dos centros falta un facultativo, os veciños e veciñas temos que desprazarnos ata 40 minutos", denuncian desde Courel Vivo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo Courel Vivo, un problema recorrente no Courel é que o Sergas non cubre as vacacións, ausencias e baixas dos profesionais sanitarios, “Realidade que corroboran os tres grupos municipais, nunha reunión co Conselleiro de Sanidade, en Santiago no 2017”.

Lembran casos de urxencia nos que no centro de saúde non había médico pola mañá, “a solución do Sergas é non dar citas eses días ou como moito, facer que persoal dun centro teña que desprazarse a outro centro, con consecuencias médicas e económicas para a veciñanza.”

Lamentan que a Conselleira de Sanidade falase de que habería persoal de sobra para cubrir as vacacións estivais, cando no Courel non se cumpre, “Polo que imploramos a prioridade na cobertura nas zonas máis alonxadas dos Hospitais de referencia, onde só hai un médico e enfermeiro por Centro de Saúde, e se falta un supón que os seus pacientes queden desatendidos.”

Espera Courel Vivo que todos os grupos municipais traballarán por permitir calquera outro empeoramento dos Servizos Sanitarios no Courel e reclaman:

  1. Que desde a Corporación Municipal se solicite en conxunto, Servizos Sanitarios cubertos e dignos para o Courel, tamén en vacacións e libranzas.
  2. Que se lle solicite a Conselleira de Sanidade e Dirección de Primaria en Lugo, que se prioricen ás zonas máis alonxadas dos Hospitais de referencia para cubrir, cando falten profesionais do Centro de Saúde.

ÚLTIMAS

‘Peitoescuro’ desvela a derradeiro capítulo da súa triloxía audiovisual

Primeiro foi 'Alvorada', despois seguiulle 'Metamorfose', e agora chega a terceira peza final da...

Presentación literaria de Rochi Nóvoa na Librería Papelotes de Monforte

A Librería Papelotes de Monforte de Lemos acolle unha actividade na que se dará...

Xanela ofrecerá servizos máis competitivos ao converterse en Operador Móbil Virtual

A empresa de telecomunicacións Xanela xa é Operador Móbil Virtual (OMV) despois de asinar...

O Punto Limpo de Chantada aposta pola reutilización

Cun investimento de case 50.000€ dos que o concello aporta o 10%, adquiríronse novos...