HomesociedadeA D.O. Ribeira Sacra fixa o 14 de setembro como data remendada...

A D.O. Ribeira Sacra fixa o 14 de setembro como data remendada para iniciar a vendima

O pleno do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra reuníase a última hora deste 31 de agosto para decidir a data recomendada para o inicio xeneralizado da vendima na Denominación de Orixe. Para iso téñense en conta os datos dos controis de maduración, que técnicas do Consello Regulador realizaron en parcelas representativas das cinco subzonas da D.O. (Amandi, Chantada, Ribeiras do Sil, Ribeiras do Miño e Quiroga-Bibei) e con todas as variedades de uva acollidas á mesma.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O pleno decidiu como data oficial para esta campaña, o 14 de setembro, prolongándose previsiblemente a recollida da uva ata outubro. O pasado ano a data oficial foi o 15 de setembro e finalizaba a vendima despois de 47 días de recollida nos que se alcanzaron os 6.092.707 quilos.

Desde o pasado día 22 de agosto algunhas adegas realizan traballos puntuais de vendima, a día de onte hai 16 adegas realizado traballos de vendima, tendo recolleitos ata o momento máis de 221.000 quilos de uva, principalmente Godello con 103.850 quilos. Séguenlle:

  • Mencía, 66.826 quilos
  • Albariño, 23.875 quilos
  • Treixadura, 14.153 quilos
  • Merenzao, 8.477 quilos
  • Brancellao, 2.350 quilos
  • Blanco Lexítimo, 744 quilos
  • Garnacha, 719 quilos
  • Caíno, 100 quilos
  • Tempranillo, 50 quilos

Veedores contratados especialmente para a vendima polo Consello Regulador realizan controis de produción en todos os viñedos acollidos á Denominación de Orixe, para corroborar que a produción real corresponda coa que cada viticultor ten asignada na súa carta de produción. A maiores persoal do SEAGA contratado a través do AGACAL realiza controis tanto en adegas como en viñedos. Así mesmo o Consello Regulador coordina cos corpos e forzas de seguridade do Estado a prevención de entrada de uva foránea para garantir a procedencia das uvas que entran nas adegas acollidas á Denominación de Orixe.

ÚLTIMAS

O IES Río Cabe de Monforte faise co 2º e o 3º posto na fase final do Parlamento Xove

A categoría de ESO formárona Estefanía Fernández Muñoz, Verónica Caplea, África Guitián García e...

Graduación do alumnado de Formación Profesional no IES Francisco Daviña Rey

Durante o acto de graduación celebrado no IES Francisco Daviña Rey tivo lugar a...

Pantón ten prazo de inscrición aberto para os Campamentos de Verán e presenta a programación cultural da época estival

O Concello de Pantón presenta as actividades que a Concellaría de Cultura programa para...

O delegado do Goberno en Galicia destaca en Sarria o funcionamento da campaña “Non Camiñas Soa”

A campaña lévase a cabo desde o ano 2021 para reforzar a protección das...