HomesociedadeChantada e Paradela, candidatas a ter novos Polígonos Agroforestais

Chantada e Paradela, candidatas a ter novos Polígonos Agroforestais

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado da directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, reuniuse esta semana cos veciños de Chantada para estudar a posibilidade de implantar un polígono agroforestal na parroquia de Sabadelle. Posteriormente en Paradela, abordouse tamén a posibilidade de crear un polígono na parroquia de Loio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No caso de Sabadelle, o polígono agroforestal abranguería unha superficie de preto de 39 hectáreas, divididas en 114 parcelas de 80 propietarios. Mentres tanto, no de Loio ocuparíanse unhas 23 hectáreas con 90 parcelas duns 25 propietarios.

Segundo explicou o conselleiro, proponse dedicar estes polígonos a cultivos agrícolas, incluíndo no de Paradela a posibilidade de recuperar antigos terreos dedicados á viña no ámbito da Denominación de Orixe (DO) Ribeira Sacra, co fin de darlle valor ás variedades autóctonas que caracterizan aos viños da nosa comunidade. Ademais, ambos poderían contar tamén con gandaría en extensivo.

Estes futuros polígonos sumaríanse aos 24 que actualmente existen en distintas fases en Galicia, que supoñen a posta en valor de máis de 9.000 hectáreas distribuídas nunhas 29.000 parcelas propiedade de 7.900 veciños. Neste sentido, o titular de Medio Rural lembrou que esta é unha das figuras de mobilización da terra agraria, mediante a cal se recuperan grandes áreas de terra potenciando os tres usos de chan -agrícola, gandeiro ou forestal- segundo o tipo de cultivo máis acaído ou con maior tradición en cada zona.

Deste xeito, é unha ferramenta idónea para recuperar a terra de boa capacidade produtiva  abandonada ou infrautilizada de forma sustentable, creando actividade agrogandeira, fixando poboación e anticipándonos aos incendios forestais.

Conselleiro Polígono Paradela / Consellería do Medio Rural

ÚLTIMAS

Éxito do Mercado de Nadal de Pantón que abrirá os mercados da comarca na primeira fin de semana de decembro

O Concello de Pantón abría o Mercado a profesionais na decoración de Nadal, nas...

1,5M€ para a segunda convocatoria das axudas destinadas á conservación paisaxística na Ribeira Sacra

As achegas están destinadas a poñer en valor o labor que desenvolven as persoas...

Os Reis Magos visitan en Monforte os centros de atención a maiores e persoas con discapacidade

Trala multitudinaria Cabalgata que sementou ilusión polas rúas monfortinas o pasado luns, as Súas...

Galicia pecha 2025 con 17.715 cotizantes máis á seguridade social

Con 112.031 persoas, cóntase coa cifra de paro máis baixa nun mes de decembro...