HomesociedadeO día 11 ábrese a inscrición para o Programa Activa do concello...

O día 11 ábrese a inscrición para o Programa Activa do concello de Monforte

Como novidade destacada do Programa Activa deste ano 2023-2023 está que comezará as súas actividades a principios do mes outubro e se estenderán ata finais de xuño de 2024, un total de 9 meses, cunha duración máis ampla que en edicións precedentes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Programa Activa diríxese ós veciños e veciñas de Monforte para “promover o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas maiores”. Búscase promover o benestar bio-psico-social das persoas maiores, promover a socialización e a participación social, habilitar espazos de encontro interxeracionais, evitar as situacións de illamento e soidade das persoas maiores, e dinamizar as zonas rurais do Concello.

No Programa Activa dáse prioridade de participación ós maiores de 55 anos, que son os que máis precisan deste tipo de actividade para volver á normalidade, e gozar dunha vida máis saudable e independente. Tamén se ofertarán actividades interxeracionais, dirixidas a persoas maiores de 16 anos.

Este ano aumenta tamén o número de prazas nas actividades máis demandadas e consolidas, suma 23 ata un total de 533. A tenente de alcalde, Glorira Prada, destaca que “ofertamos novas actividades como ioga, informática básica, bailes de salón e costura básica. Incrementamos as prazas na actividade de competencias dixitais para uso cotiá e bailes caribeños establecendo varios niveis así como na actividade de ximnasia de mantemento para maiores”. 

Como en anos anteriores, todas as actividades son gratuítas para os veciños e veciñas de Monforte, e están subvencionadas ó 100% polo Concello monfortino. O prazo de inscrición tanto para actividades no Centro Cívico como nas parroquias permanecerá aberto dende este luns, 11 de setembro, e ata o 29 de setembro, ambos incluídos.

Actividades no Centro Cívico e nas parroquias

No Centro Cívico, o Concello destina un total de 353 prazas, que son 53 máis que na edición anterior, distribuídas en 19 grupos. A oferta de actividades deste Centro Cívico divídese en dous grupos:

Actividades de envellecemento activo, dirixidas a persoas maiores de 55 años:

  • Ximnasia de mantemento, 2 grupos, 48 prazas.
  • Ximnasia acuática, 2 grupos, 30 prazas.
  • Ioga, 1 grupo, 20 prazas.
  • Conservando a memoria, 2 grupos
  • Competencias dixitais para uso cotián, con dos niveis: iniciación (2 grupos) e perfeccionamento (1 grupo), 36 prazas.
  • Informática básica, 1 grupo, 20 prazas.
  • Bailes de Salón, iniciación 1 grupo, 30 prazas.
  • Manualidades, 1 grupo, 45 prazas (entre os 3 grupos totais).

Actividades interxeracionais, dirixidas a persoas maiores de 16 años:

  • Manualidades, 2 grupos, 45 prazas (entre os 3 grupos totais).
  • Bailes Caribeños, con dos niveles: iniciación (1 grupo) e perfeccionamento (2 grupos), 48 prazas.
  • Costura creativa, 2 grupos, 24 prazas.
  • Costura básica, 1 grupo, 12 prazas.

Reservaranse prazas para persoas con discapacidade en cada unha das actividades e no caso de que estas persoas necesiten axuda durante o desenvolvemento da actividade poderán ir acompañadas doutra persoa.

Nas parroquias, o número de prazas ofertadas é de 180, están dirixidas ás persoas veciñas de cada parroquia, e inclúense as actividades máis demandadas por aquelas, que son:

  • Conservando a memoria
  • Manualidades
  • Costura creativa
  • Costura básica
  • Ximnasia de mantemento
  • Bailes de Salón
  • Bailes Latinos

As persoas interesadas en participar nas actividades do Centro Cívico deberán presentar a súa solicitude, segundo o modelo normalizado, no Rexistro Municipal do Concello, na Secretaría de Servizos Sociais ou a través da Sede Electrónica municipal (sede.monfortelemos.es). Cada persoa poderá solicitar e participar nunha única actividade, salvo que queden prazas vacantes nas actividades posteriores á súa adxudicación.

A solicitude deberá ir acompañada da seguinte documentación:

  • Documento de identidade (DNI, NIF, pasaporte).
  • Certificado de empadroamento.
  • Certificado de discapacidade, se é o caso.

A solicitude pode ser individual ou conxunta. Neste último caso, o Concello quere favorecer a participación de persoas con relación familiar na mesma actividade.

No caso das actividades das parroquias, os pedáneos poderán solicitalas, no prazo establecido, ós representantes das parroquias, e é necesario que dispoñan dun local social en condicións adecuadas para o desenvolvemento da actividade.

Os interesados ​​en participar na actividade concedida deberán dirixirse ó pedáneo ou pedánea da parroquia para que procedan a anotalos na actividade. O prazo estará aberto ata completar as prazas ofertadas en cada actividade.

A adxudicación das prazas do Centro Cívico farase por sorteo entre as solicitudes recibidas para cada actividade, unha vez rematado o prazo de solicitude e diferenciando prazas ordinarias e prazas para persoas con discapacidade. Para iso, asignarase un número para participar no sorteo por cada solicitude recibida.

ÚLTIMAS

Concerto de acordeón no ciclo ‘Primavera Musical’ en Sober

Os amigos e amigas da música instrumental teñen o vindeiro 25 de maio unha...

O concello de Monforte requerirá a Aqualia para dar solucións integrais aos problemas de Escultor Francisco Moure e Reboredo

O contrato do concello de Monforte con Aqualia naceu no 2001, "xa dende o...

Unha nova xornada do ‘Marida Maio’ no Centro do Viño da Ribeira Sacra

Este xoves, 22 de maio, terá lugar ás 19:30 h. a segunda xornada da...

Prazo de inscrición aberto ata o 10 de xuño para participar na XXV edición de Artelemos

Como o ano pasado a cita coa mostra de artesanía durará 6 días, nesta...