HomesociedadeAvances na nova EDAR de Monforte: as obras adxudicaranse no primeiro trimestre...

Avances na nova EDAR de Monforte: as obras adxudicaranse no primeiro trimestre de 2024 e estaría en funcionamento en 2026

A expropiación que sairá publicada nos próximos días afectará a terreos de 22 propietarios que, unha vez finalicen as obras, recuperarán os seus terreos tal e como estaban antes da ocupación temporal. A nova EDAR estará deseñada cunha capacidade de 1.000 metros cúbicos por día e dará servizo 8.342 habitantes.

Publicado o

POR
Editor
- Advertisement -

O acordo de urxente ocupación temporal dos terreos para acometer a nova estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Monforte de Lemos, adoptado o 5 de setembro polo Consello de Ministros, publicarase “nos próximos días” no Boletín Oficial do Estado (BOE). O obxectivo é que este proceso conclúa en cinco meses e póidanse adxudicar as obras no primeiro trimestre de 2024.

Así o explicaron nunha rolda de prensa ofrecida este luns o alcalde de Monforte, José Tomé, e o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS), José Antonio Quiroga, para dar a coñecer os próximos pasos para a construción da nova EDAR do Polígono do Reboredo. Cabe lembrar que o convenio entre o Concello e a CHMS asinouse o pasado 20 de marzo cunha previsión de 4,6 millóns de euros para a construción desta instalación que, de acordo coas previsións, en 2026 entrará en funcionamento.

A expropiación que sairá publicada nos próximos días afectará a terreos de 22 propietarios que, unha vez finalicen as obras, recuperarán os seus terreos tal e como estaban antes da ocupación temporal. A nova EDAR estará deseñada cunha capacidade de 1.000 metros cúbicos por día e dará servizo 8.342 habitantes.

ÚLTIMAS

O paro aumentou en setembro 131 persoas na zona centro sur da provincia

Desde o Sindicato ven con preocupación o aumento con respecto ao mes de agosto,...

O IES Río Cabe de Monforte proclámase, no Palacio da Bolsa de Madrid, campión de España de Educación Financeira

O IES Río Cabe de Monforte de Lemos proclamouse este luns campión de España...

O Concello de Monforte concede preto de 78.000 euros a entidades deportivas, culturais, sociais, lúdicas e formativas

O Concello de Monforte vén de informar da concesión de axudas dirixidas a diversas...

Respira, II Xornadas de Benestar do 8 ao 10 de outubro no Ateneo Casino de Monforte

O Ateneo Casino acollerá do 8 ao 10 de outubro un encontro que convida...