Homesociedade90.000€ destina o concello de Monforte a mellorar servizos e accesibilidade da...

90.000€ destina o concello de Monforte a mellorar servizos e accesibilidade da nave municipal da rúa Duquesa de Alba

O concello de Monforte publica na Plataforma de Contratación a licitación para a mellora de accesibilidade e acondicionamento da nave, propiedade do concello, que está situada no número 13 da rúa Duquesa de Alba.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta edificación alberga distintos servizos e locais da administración municipal, como os locais do persoal da Brigadas de Obras, Parques e Xardíns (Medio Ambiente) e dos Técnicos Electricistas, así como a oficina e almacén de Protección Civil do Concello. Esta planta baixa está actualmente dotada de diversos almacéns que albergan todo tipo de material das distintas Brigadas, así como aseos, unha oficina e un aparcamento para vehículos municipais.

O obxectivo das obras, segundo sinalou o alcalde, José Tomé Roca, “é mellorar e adaptar estas instalacións da nave da rúa Duquesa, que estaban obsoletas, para que o persoal municipal poida contar cunhas instalacións axeitadas ás súas necesidades, á vez que se aumenta a seguridade de uso desta edificación”.

Na planta baixa melloraranse os aseos, a oficina e os diversos almacéns utilizados polas Brigadas municipais. Na planta alta levarase a cabo a construción duns novos vestiarios e aseos, adaptados e accesibles e melloraranse tamén os almacéns existentes. Para acceder á planta alta instalarase un novo ascensor accesible, cunha cabina de 1,40 x 1,10 m., e construirase tamén unha escaleira de acceso a esta planta alta, dotada dunha varanda de seguridade.

O prazo de presentación de ofertas para aquelas empresas que estea interesadas en levar a cabo estas actuacións de mellora permanecerá aberto ata o 24 de outubro de 2023. As mesas de contratación terán lugar o día 30 de outubro, a mesa administrativa,  e o 6 de novembro a mesa para apertura da oferta económica. Unha vez sexa adxudicada a obra, o prazo de execución da mesma será de 4 meses. O orzamento que destina o Equipo de Goberno para esta actuación é de 90.000,02€, IVE engadido.

Criterios de adxudicación

Para a avaliación das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase a varios criterios obxectivos de adxudicación, directamente vinculados coa prestación obxecto do contrato.

  • Oferta económica: 40 puntos.
  • Memoria técnica: 40 puntos.
  • Ampliación do prazo de garantía: 10 puntos.
  • Melloras de execución: 10 puntos.

ÚLTIMAS

O CC Ponte Vella de Ourense celebra o seu 24º aniversario

Durante dúas semanas, visitantes, familias e amigos poderán gozar de talleres, exposicións, xogos, espectáculos...

O PP pídelle á Deputación reparto igualitario dos fondos

No documento que se elaborará coas achegas que realicen os representantes do PP de...

Presentado o cartel do ‘Xanela Fest’ que promove a operadora chantadina Xanela

Este venres 10 de outubro presentouse en Guntín o cartel do Xanela Fest, evento...

O PP anuncia no Parlamento que a Xunta investirá 30M€ no Hospital de Monforte, mentres o BNG reclama solucións ás listas de espera

A iniciativa nacionalista demandaba garantir a cobertura completa de prazas nos servizos con maiores...