HomesociedadeComeza a mellora da estrada provincial do Saviñao que discorre por Valiñocobo

Comeza a mellora da estrada provincial do Saviñao que discorre por Valiñocobo

A Deputación de Lugo iniciou as obras de mellora na estrada provincial LU-P-5808, que une a LU-P-3202 coa LU-P-4102 por Valiñocobo, no  concello do Saviñao. Os traballos afectan aos primeiros 5 quilómetros da vía e contan cun investimento de 100.000€.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O proxecto, adxudicado á empresa Fevisa Vías y Obras, consiste na reapertura de cunetas, limpando a maleza e o corremento de terras; na reparación do firme das zonas degradadas existentes a consecuencia do paso do tempo e do uso da vía; e, por último, na repavimentación, co que se mellora a seguridade e comodidade dos usuarios e usuarias.

Esta actuación súmase á iniciada recentemente no Saviñao, coa que a Deputación renova o firme da estrada provincial LU-P-5807, que conecta os núcleos de Lamaquebrada con Montecelo, cun investimento de 60.500€. Deste xeito, a institución provincial destina para ambas vías en execución un orzamento total que ascende a 160.000€.

A mellora destas estradas beneficia ao sector turístico e vitivinícola da zona, pasando ademais por parte dela o Camiño de Inverno, así como ao sector gandeiro e agrícola. Son zonas que rexistran un gran volume de tráfico debido aos sectores económicos que abranguen.

ÚLTIMAS

O ‘Xanela Fest’ dá a coñecer o concello gañador deste 2026

A segunda edición do Xanela FEST xa ten gañador. O Concello de San Sadurniño, representado pola Asociación de...

A veciñanza da Pobra do Brollón volve a concentrarse o 11 de setembro reclamando médicos

Con estas mobilizacións reclámase ás administracións competentes que adopten as medidas necesarias para garantir...

O Concello de Chantada recolle por sexto ano a Categoría Ouro de Praias sen Fume

O alcalde do Concello de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, recollía en Begonte esta distinción...

COGAMI comeza o curso con formación inclusiva para profesorado e familias

'Red DUActiva: Diversidade, Acción e Transferencia na aula' é unha iniciativa financiada pola Fundación ONCE e...