HomesociedadeA D.O. Ribeira Sacra pecha a terceira campaña máis produtiva da súa...

A D.O. Ribeira Sacra pecha a terceira campaña máis produtiva da súa historia con 6.659.286 quilos vendimados

Despois de 51 días de vendima, a D.O. Ribeira Sacra alcanza os 6.659.286 quilos. O ano pasado o final da vendima foi nas mesmas datas, con 6.092.707 quilos vendimados.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este ano os controis de maduración levaron ao pleno do C.R.D.O.R.S. a fixar como data recomendada para o inicio oficial da vendima, o 14 de setembro, aínda que algunhas adegas en determinadas zonas comezaron con vendimas puntuais o 22 de agosto.

Nesta vendima 2023 contábase con 1.971 viticultores rexistrados, 1.307 hectáreas e 89 adegas que recolleron as seguintes cantidades por variedade de uva:

Variedades tintas

  • Mencía 5.211.818 quilos
  • Garnacha 259.800 quilos
  • Sousón 96.259 quilos
  • Merenzao 67.841 quilos
  • Brancellao 62.092 quilos
  • Caíño tinto 36.753 quilos
  • Tempranillo 35.487 quilos
  • Mouratón 7.275 quilos
  • Grao Negro 2.010 quilos

  Variedades brancas

  • Godello 699.031 quilos
  • Albariño 97.560 quilos
  • Treixadura 63.663 quilos
  • Dona Branca 8.149 quilos
  • Loureira 5.191 quilos
  • Branco Lexítimo 4.287 quilos
  • Torrontés 2.070 quilos

A campaña 2023 convértese así na terceira máis abundante da historia da D.O. Ribeira Sacra, despois da vendima 2019, previa á pandemia con 7.262.831 quilos e o 2011 que case chega aos 7 millóns de quilos.

O Presidente do C.R.D.O.R.S., Antonio Lombardía, valora así a campaña, “Sabiamos que había moitas uvas nas viñas. A climatoloxía foi moi boa para a recollida do branco e máis complicada para recoller o tinto, e aínda así temos unha colleita de gran calidade e importante cantidade”.

ÚLTIMAS

“Eu sempre teño a porta aberta”, Javier Monterde, avogado na Pobra do Brollón

Javier Monterde Piguillen naceu en Barcelona, no barrio da Sagrada Familia, e o seu...

Unha consultora especializada redactará as bases para a renovación do contrato da auga en Monforte

A Xunta de Goberno Local de Monforte deu luz verde á contratación dos traballos...

“Stop agresións”, o 5 de febreiro ás 12:00 concentración do Hospital de Monforte

Segundo o sindicato, a Dirección do Hospital Comarcal de Monforte ten que tomar as...

Entrega de premios do certame de Poesía Infantil Nadal 2025 en Monforte

Este concurso, convocado pola Biblioteca Pública Municipal en colaboración coa Biblioteca Nodal de Lugo,...