HomesociedadeCorte de tráfico da N-120 no túnel de Montefurado

Corte de tráfico da N-120 no túnel de Montefurado

Será esta noite, 17 de outubro, entre as 22:00 da noite e as 2:00 h. da madrugada. O corte farase para realizar un simulacro de accidente e afectará ao tramo entre o acceso ao núcleo de Montefurado e o enlace de Bendilló, desviando o tráfico pola estrada vella, a LU-933.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O túnel da estrada N-120 de Montefurado será esta noite o escenario dun simulacro de accidente de tráfico no seu interior coa finalidade de verificar o correcto funcionamento dos equipamentos, dos sistemas de seguridade e dos protocolos de actuación e evacuación previstos. Esta proba de seguridade ocasionará o corte da N-120 este 17 de outubro entre as 22:00 e as 2:00 h. da madrugada, corte que afectará ao tramo que vai dende o acceso a Montefurado e o acceso a Bendilló. O tráfico será desviado pola estrada LU-933.

O Ministerio de Transportes realizou melloras neste túnel no ano 2022, obras que serviron para adaptar o túnel aos requisitos de seguridade e viabilidade. En concreto, centráronse na mellora das saídas de emerxencia, a sinalización, o balizamento, a iluminación, a ventilación, a instalación eléctrica, a protección contraincendios, a drenaxe, a comunicación e a xestión do tráfico.

O SIMULACRO DE ACCIDENTE

Para avaliar a correcta organización dos servizos propios do túnel cos servicios de emerxencia exteriores o simulacro debe ser o máis realista posible. Deste xeito, simularase un accidente de tráfico grave por colisión entre varios vehículos con resultado de incendio nun deles e con varios vehículos atrapados no interior do túnel, provocando retencións nos accesos e no interior do mesmo. Para darlle máis realismo se cabe, no interior do túnel utilizarase unha máquina de fume quente para recrear condicións de escasa visibilidade que dificulten as tarefas dos servicios de emerxencia.

O persoal de xestión do túnel (Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana) e os servizos externos de emerxencia (Guardia Civil de Tráfico, Bombeiros, servicios sanitarios, etc.) entre os que se atopan os GES de Quiroga, axentes da Garda Civil do posto de Quiroga e voluntarios locais de Protección Civil participarán nesta proba de seguridade.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...