HomesociedadeJavier Arias asegura que 20 liñas de autobuses financiadas pola Xunta dan...

Javier Arias asegura que 20 liñas de autobuses financiadas pola Xunta dan servizo en Láncara

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, mantivo este xoves unha xuntanza co alcalde de Láncara, Darío Piñeiro, para abordar a situación do transporte, na que tamén participaron técnicos da Xunta e Lucía Castro e Antonio Fernández, representantes da empresa Monbús.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Javier Arias deu conta de que a Xunta de Galicia financia ata 20 liñas de autobuses que circulan por Láncara, sete delas son exclusivas de transporte escolar, cinco son integradas -rutas escolares ás que pode acceder a veciñanza- e oito son liñas regulares do transporte metropolitano con 20 expedicións, que conectan o municipio con Lugo e outras localidades da provincia.

No encontro púxose de manifesto o forte incremento de viaxeiros no transporte público, derivado da superación da pandemia, do inicio do curso escolar e do abaratamento do billete. “No conxunto da provincia a demanda medrou nun 13% no primeiro semestre do ano, traducíndose en 157.813 billetes expedidos máis que no mesmo período do 2022,” explica Arias, asegurando que o incremento débese ás medidas postas en marcha pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, “como a tarxeta Xente Nova, coa que poden viaxar de balde os mozos e mozas ata os 21 anos, ou os descontos que ofrece o uso da Tarxeta de Mobilidade de Galicia (TMG), que agora mesmo chegan ao 50% do prezo do autobús.”

Deste xeito, o billete en autobús desde A Pobra de San Xiao ata Lugo custa 70 céntimos, e desde Sarria 1,15 euros. A conexión por estrada entre ambas as localidades tamén se viu beneficiada pola apertura do tramo de autovía.

Con respecto ao autobús que pasa pola Pobra ás 8 da mañá cara a Lugo, a frecuencia de maior demanda, o delegado explicou que o traxecto realízase nun vehículo de clase II, con 69 asentos e concibido para poder transportar viaxeiros de pé en determinadas circunstancias nun percorrido curto, como este caso. Así mesmo, sinalou que nese tramo horario hai outro servizo media hora antes e un terceiro ás 9 da mañá. Ademais, Monbús reforza o servizo cando é necesario, como ocorre a miúdo coa expedición de volta que sae de Lugo ás 15,20 horas.

ÚLTIMAS

Ferran Centelles: “A Ribeira Sacra ten todo o necesario para estar na cima do viño español”

O artigo, titulado Ribeira Sacra - a denominación nun delicado equilibrio, foi publicado o...

90.000€ nun novo vehículo de usos múltiples na Pobra do Brollón para atender as zonas rurais

O vehículo estará a disposición do persoal municipal para desprazamentos e traballos relacionados con...

A importancia de coñecer e poñer en valor o noso agro

María José Gómez destacou durante a visita a importancia de coñecer e poñer en...

O BNG de Monforte amosa o seu desacordo co proxecto urbanístico da zona D

O BNG considera que non é necesario seguir urbanizando novas zonas en Monforte cando...