Homesociedade200.000€ da Deputación para a compra dun camión de residuos no concello...

200.000€ da Deputación para a compra dun camión de residuos no concello de Taboada

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou co Alcalde de Taboada, Roi Rigueira, un convenio de colaboración a través do que a Deputación destina ao Concello 200.000€ para a adquisición dun camión recolector compactador de residuos sólidos urbanos co que se prestará un mellor servizo á veciñanza das 27 parroquias do municipio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde agradeceu ao Presidente a colaboración económica da Deputación porque co novo camión servirá para renovar e reforzar a maquinaria do servizo de recollida municipal, que conta cun equipamento antigo e obsoleto que presenta continuas avarías moi custosas. “Ademais, cando tiñamos o camión no taller tiñamos que alugar outro, o que encarecía máis o custo para o Concello deste servizo básico que temos que prestar á nosa veciñanza”, explicou Rigueira. Nese sentido, avanzou, “cumprimos cun dos nosos compromisos electorais, pois un dos piares que van marcar o noso goberno será a renovación do parque móbil municipal, e aquí está o primeiro paso”.

O rexedor detallou ademais que o Concello de Taboada está destinando neste momento moitos fondos “a reparar maquinaria e vehículos con moitos anos, o que lastra que o Concello poida apostar por outro tipo de iniciativas.”

Pola súa banda o Presidente da Deputación destacou que “Esta colaboración co Concello de Taboada, para unha prestación tan esencial como a recollida de residuos, é unha boa mostra dese apoio constante. De feito, a día de hoxe, esta institución é fundamental para que moitas entidades locais poidan prestar os servizos máis básicos á súa veciñanza”.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...