HomesociedadeTaboada celebra o 23 de decembro Petiscos de Nadal

Taboada celebra o 23 de decembro Petiscos de Nadal

A Xunta de Galicia volverá colaborar coa Asociación de Comerciantes e Industriais do Municipio de Taboada (Acimta) para impulsar o Mercado de Petiscos de Nadal, que se celebrará o 23 de decembro.

Publicado o

POR
redaccion
- Advertisement -

A Praza de Riazón, en Taboada, será o escenario deste mercado propio do Nadal que albergará a máis dunha ducia de postos, onde a artesanía e a gastronomía da zona, serán os protagonistas principais. A cita que chega á súa teceira edición preséntase como unha oportunidade para dar a coñecer os produtos artesáns da vila e establecer unha crecente sinerxía con outros produtos de concellos da Ribeira Sacra.

O obxectivo ser punto de referencia para dar a coñecer os produtos da Ribeira Sacra e apoiar novas propostas e iniciativas.

A anterior edición de Petiscos de Nadal, que congregou postos de venda con produtos da Ribeira Sacra, actuacións culturais e outras actividades, contou coa colaboración da Xunta como acontecerá neste 2023. Así llo comunicou o delegado territorial do Goberno galego, Javier Arias, ao presidente de ACIMTA, Miguel Pavón, no transcurso dunha reunión para abordar a cooperación deste ano. xunta

Arias destacou o impulso da Administración autonómica ás accións que dinamizan economicamente os concellos, como este mercado ou o I Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra, que tamén promoveu este ano en Taboada Acimta coa colaboración da Xunta.

ÚLTIMAS

8M en Monforte con presenza do alcalde e sen a oposición

A concentración tivo lugar ás 13.00 horas na Praza da Compañía, diante das Casitas,...

O BNG de Pantón homenaxea no 8M a Cándida Fernández

Durante os próximos meses dende o BNG de Pantón aseguran que seguirán promovendo actos...

O IV Premio da Muller Caldelá foi para Pepita Carballo

Castro Caldelas celebrou o pasado venres 6 de marzo o Día da Muller reivindicando...