IniciosociedadeA senda peonil de Tuiriz en Pantón estará prácticamente rematada neste ano,...

A senda peonil de Tuiriz en Pantón estará prácticamente rematada neste ano, segundo confirma Javier Arias

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, asegura que se executan obras en pouco máis de medio quilómetro deste núcleo de Pantón coa previsión de que estean prácticamente rematadas este ano.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade está a executar as obras que estenden a senda peonil en ambas marxes da estrada autonómica LU-617 ao seu paso por Tuiriz, no municipio de Pantón.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, destaca que esta actuación comprende 530 metros da travesía -na saída cara a Escairón- e conta cun investimento de 330.000 euros, dando continuidade ao itinerario peonil de máis dun quilómetro xa existente.

Acondiciónase unha senda de 1,80 metros de ancho, aínda que se axusta ao espazo dispoñible se hai edificacións. A súa implantación “redundará na seguridade dos veciños que teñen ás beiras da estrada as súas vivendas e fincas, establecendo unha separación física entre o tráfico de vehículos e o de peóns”, apuntou o delegado.

Tamén se constrúen dous muros de contención para salvar a diferenza de cotas que se produce entre a rasante do itinerario e o terreo natural en zonas de ensanche necesarias para albergar o ancho da senda. Fanse con bloques de granito e levarán unha varanda de ferro fundido.

ÚLTIMAS

Bolsas de tea con motivos feministas

O proxecto de igualdade do Concello de Sober ‘Redes Lilas’ celebrou a súa cuarta...

Aly Alma, artista con raíces en Quiroga, presenta “Violet Mood”, un espectacular show acústico en feminino

Alicia Losada, coñecida artisticamente como ‘Aly Alma’ e con orixes en Quiroga por parte...

Novo miradoiro á Ribeira Sacra de Soutochao

O concello lugués de Sober estreou o novo miradoiro de Soutochao, desde o que poden contemplarse...

Sur da provincia de Lugo e Costa da Morte, a Galicia con maior porcentaxe de persoas dependentes

O 4,19% da poboación galega estaba en situación de dependencia o ano pasado, cunha...