Homesociedade600.000€ para o abastecemento de auga a tres parroquias de Pantón

600.000€ para o abastecemento de auga a tres parroquias de Pantón

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, sinalou que se construirá unha rede de 13 quilómetros de tubaxe para subministrar a San Vicente de Castillón, Santiago de Castillón e Santo Estevo do Mato.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade está a executar as obras de abastecemento de auga potable nas parroquias de San Vicente de Castillón, Santiago de Castillón e Santo Estevo do Mato, no municipio de Pantón.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, comprobou a marcha dos traballos, que contan cun orzamento próximo aos 600.000 euros. Explicou que para a captación da auga subterránea executouse un pozo de 120 metros de profundidade que leva unha bomba somerxible de 4 kw.

Construirase un depósito de cabeceira con estrutura de formigón armado e cunha capacidade de 100 m3 e unha caseta anexa que acollerá a cámara de chaves, un grupo de presión e un equipo de cloración.

Así mesmo, proxéctanse dúas redes de abastecemento de auga potable dende o depósito de regulación ata os núcleos rurais, que suman case 13 quilómetros de tubaxe soterrada.

Arias destacou que a actuación proxectada dará servizo a unha poboación estimada de 239 habitantes. “A Xunta colabora cos concellos para que todos os veciños e veciñas da provincia dispoñan dos servizos -apuntou Arias-, e fundamentalmente nos pequenos núcleos rurais onde, por dispersión e por poboación, resultan máis custosas as intervencións”.

ÚLTIMAS

‘Bolsas Pintor de Castinandi’ para participar nun taller fotográfico en Sober

O Concello de Sober convocou tres Bolsas Culturais Internacionais ‘Pintor de Castinandi’ para este...

O centro de día de Quiroga celebra as Letras Galegas elaborando un libro sobre Begoña Caamaño

O traballo fai un repaso pola súa obra literaria, o seu traballo xornalístico e...

O Concello de Chantada anuncia a urbanización de 2.500m2 na vila coa apertura de novos viais e a creación de zonas verdes

Na rúa Concepción Arenal, o concello adquiriu a finais do ano pasado dúas parcelas...

Poxa de novelas de rubia galega en Seoane do Courel

A poxa estivo organizada pola Asociación Nacional de Criadores de Gando Vacún Selecto de...