HomesociedadeO albergue público de Sarria e A Casona en Triascatela completan a...

O albergue público de Sarria e A Casona en Triascatela completan a posta a punto para o inverno

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, reuniuse este martes coa alcaldesa de Triacastela, Olga Iglesias, no albergue de peregrinos A Casona, en Triacastela, un dos inmobles que forman parte da Rede Pública de Albergues do Camiño de Santiago.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O albergue de peregrinos A Casona, en Triacastela, xunto co de Sarria, veñen de rematar a súa posta a punto de cara ao inverno no marco das actuacións anuais de mellora e conservación dos servizos para peregrinos do Goberno autonómico.

Na Casona de Triacastela realizáronse traballos de consolidación da súa estrutura, adaptación ás novas normativas de seguridade sanitaria, así como mellora das condicións de confort dos peregrinos, con distintas actuacións de illamentos e rehabilitación da súa fachada. E no de Sarria realizáronse traballos de adaptación á normativa sanitaria e accesibilidade.

Son dous dos preto de 70 cos que conta a Rede Pública de Albergues do Camiño de Santiago, dos que máis de 20 están situados no Camiño Francés. O de Triacastela foi inaugurado no ano 1993. É propiedade da Xunta de Galicia e está situado á entrada da vila. Conta con medio cento de prazas en 14 dormitorios. O albergue de Sarria foi inaugurado no ano 1997 e conta con máis de 40 prazas.

ÚLTIMAS

O recanteiro de Lugo Sur, Julio Ferrín, canta hoxe no Luar

O quirogués Julio Ferrín estréase na sección 'Recantos' do programa Luar da TVG. No...

O GDR Ribeira Sacra-Courel aproba 34 proxectos que mobilizarán máis de 2,5M€ de investimento no territorio

As axudas LEADER buscan impulsar novas iniciativas empresariais, mellorar a competitividade das actividades existentes...

A 48 edición do Rally San Froilán, os días 16 e 17 de outubro, estrea treito en Sarria

As novidades do percorrido son o treito de Baralla, con saída e meta na...

Aberto o prazo de matriculación para a Escola Municipal de Danza de Monforte

O Concello de Monforte informa á veciñanza que a Escola de Danza Municipal comezará...