HomesociedadeConvócase o concurso de axudas para a confección de traxes para a...

Convócase o concurso de axudas para a confección de traxes para a Feira Medieval de Monforte

O concello de Monforte convoca o X Concurso de axudas para a confección de Traxes Medievais, actividade que se realizará dentro do programa de actos da XX Feira Medieval de Monforte. O concurso desenvolverase dende este luns, día 29 de xaneiro, e ata o xoves, 8 de febreiro, de 2024.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O obxectivo deste concurso é aumentar a participación dos veciños e veciñas de Monforte nos diferentes actos da XX Feira Medieval que terá lugar os días 30 e 31 de marzo de 2024. Este ano 2024 a Feira Medieval chega á súa vixésima edición, despois da cal xa se pode solicitar a declaración de Feira de Interese Turístico Galego.

Para participar do concurso deben chamar ás emisoras Onda Cero Monforte, Radio Principal Monforte Cadena Ser e Radio Monforte, durante o espazo destinado á súa programación local de luns a venres e contestar a unha pregunta referida a Monforte formulada pola locutora ou o locutor.

O número máximo de persoas participantes será de 60 e non poderán participar aquelas que xa recibiran a axuda nos concursos de confección de traxes medievais dos últimos tres anos. Cada radio repartirá un máximo de 20 premios nominais ás 20 persoas que acerten a pregunta.

As radios colaboradoras emitirán unha lista o 9 de febreiro das persoas que acertasen as preguntas co seu nome e teléfono de contacto. Estas persoas deberán pasar polo Concello, entre o 13 e o 20 de febreiro, para realizar unha solicitude formal no Rexistro municipal, para que sexan subvencionadas cunha cantidade máxima de 50 euros por persoa.

Os beneficiarios da axuda, terán que xustificar a súa participación na Feira Medieval durante os días 30 e 31 de marzo presentándose co seu traxe na Oficina de información da Feira Medieval sita na praza de España. Tras a celebración da Feira deberán presentar ó seu nome no rexistro do Concello de Monforte a factura xustificativa do gasto da tenda polo importe  concedido como mínimo, no que conste o pago e o concepto.

As tendas colaboradoras co Concello de Monforte no Concurso de axudas para traxes medievais son:

  • TEXIDOS PHILDAR: Rúa Doutor Casares, 12.
  • RETALES MERCE: Rúa Doutor Teijeiro, 38.
  • COSER COSIENDO: Rúa Calvo Sotelo, 7.
  • NITA VEIGA: Rúa do Cardeal, 6 (só adquisición de teas).
  • TERESA LAMELA COSTURA: Rúa Doutor Casares, 66.
  • GNOMOS: Rúa Hermida Balado, 10.

ÚLTIMAS

O Club Quixós de piragüismo remata a tempada cun segundo posto no Campionato Galego de Promoción Slálom

O Campionato Galego de Promoción Slálom contou esta mañá en terras pontevedresas con 51...

Un incendio en Ribas de Sil calcina unha superficie de tres hectáreas

Ribas de Sil rexistrou esta tarde un incendio forestal que calcinou unha superficie de...

Sorteo de prazas do Programa Activa Monforte o 14 de outubro

O sorteo público de prazas do Programa Activa 2026-2027 que se celebrará o vindeirmércores...

O 17 de outubro “Vémonos no Camiño” percorrerá o treito entre Pantón e Belesar

A andaina comezará ás 10:00 horas no Mosteiro de Ferreira de Pantón, nunha xornada...