HomesociedadePablo Vila, exalumno do IES Río Cabe faloulle ao alumnado do centro...

Pablo Vila, exalumno do IES Río Cabe faloulle ao alumnado do centro do mercado laboral

Dende o centro deséxanlle moitos éxitos ao seu exalumno e aseguran agardar velo de novo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O exalumno do IES Río Cabe, Pablo Vila, ofreceu un relatorio ó alumnado de 1º Bacharelato e 2º Bacharelato co que lles explicou a súa traxectoria polo IES Río Cabe, o Grao en Telecomunicacións que estudou en Vigo e o posterior Máster en Comercio que realizou en Madrid.

“Foi un encontro moi ameno onde lles deu moitos e bos consellos para o seu futuro académico e profesional”, aserguran desde o centro.

Actualmente Pablo traballa para unha empresa de consultoría en Madrid e viaxa por todo o mundo (Arabia Saudí, Xordania, Perú…) desenvolvendo a súa carreira profesional.

ÚLTIMAS

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...