HomesociedadePremio 'Eduemprende Idea 2023' para o IES A Pinguela polo proxecto 'StyleClo'

Premio ‘Eduemprende Idea 2023’ para o IES A Pinguela polo proxecto ‘StyleClo’

O certame que impulsan a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidade e a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, ten como obxectivo potenciar a realización de proxectos empresariais polo alumnado das ensinanzas de FP, deportivas ou de artes plásticas e deseño.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Un total de seis institutos e centros integrados de FP de Galicia veñen de ser premiados no concurso Eduemprende Idea 2023, un certame impulsado pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidade e a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade co obxectivo de incentivar a realización de proxectos empresariais entre o alumnado das ensinanzas de FP, deportivas ou de artes plásticas e deseño.

As persoas participantes debían presentar ideas de negocio orixinais que puideran dar lugar ao desenvolvemento de novas empresas, promovendo, deste xeito, a cultura emprendedora entre o alumnado. Os seis proxectos premiados, tres na modalidade de ciclos de grao medio e tres na modalidade de ciclos de grao superior, recibirán os seguintes premios en metálico: 3.000 € para o 1º premio, 2.000 € para o 2º e 1.000 € para o 3º.

Ademais do premio económico os gañadores poderán incorporarse a un viveiro de empresa da Consellería de Educación e recibir asesoramento técnico a través da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego.

IES A PINGUELA, CENTRO PREMIADO

O IES A Pinguela foi o único centro da provincia de Lugo premiado neste certame, concretamente na modalidade B, de Ciclos de Grao Medio.

O centro de ensino monfortino levou o 2º premio, dotado de 2.000 euros, grazas ao seu StyleClo, unha aplicación móbil de moda que permite aos usuarios crear combinacións de roupa de maneira rápida e sinxela, con suxestións personalizadas baseadas no clima, a ocasión e as preferencias individuais.

ÚLTIMAS

Iniciativas do Xeoparque Montañas do Courel para impulsar a normalización do galego

Esta iniciativa, impulsada conxuntamente polos tres concellos que integran o Xeoparque —Ribas de Sil,...

CCOO e Esperta Monforte denuncian que o concello contratara a “unha empresa pantasma” para o servizo de limpeza dos colexios públicos

A Secretaría de Acción Sindical de CC.OO LUGO Lemos ve con preocupación que a...

Adif remata un paso superior en Bóveda que permite eliminar tres pasos a nivel

A nova infraestrutura dá continuidade á estrada LU-P-2910, que comunica os núcleos de Bosende...

Representacións teatrais, un novo club de lectura e actividades nas parroquias para a programación do Outono Cultural de Ribas de Sil

O Concello de Ribas de Sil vén de fai pública a súa programación cultural...